miércoles, 21 de junio de 2023

INTERCAMBIO CO IES DE BEADE









    Despois de tres largos anos nos que non puidemos realizar o intercambio por mor da pandemia, por fin este ano si foi posible. O 11 de abril recibimos ao alumnado e profesorado do IES de Beade. O acto de recepción realizouse no instituto cun pequeno almorzo para posteriormente realizar un roteiro polo instituto para rematar na nosa fermosa Biblioteca coa que quedaron abraiados, tanto pola fermosura do espazo como do traballo realizalo nel.

            Ao rematar continuamos coa visita guiada ao Mosteiro de San Salvador e a capela de San Miguel. Por grupos reducidos os alumnos entraron non interior da capela e quedaron sorprendidos da súa especial iluminación. Dentro da igrexa, concretamente no coro gótico, puidemos gozar dun espectacular concerto de órgano no coro gótico a cargo da profesora de órgano Marisol Mendive Zabaldica, que explicou con claridade o funcionamento deste complexo instrumento e as súas múltiples posibilidades sonoras. Rematamos este día de convivencia entre centros visitando a Casa de Curros Enríquez., onde os rapaces descubriron moita información desde célebre escritor.

     O día 15 de maio fomos nós os que devolvemos a visita a Vigo. As 10 da mañá quedamos na praza do rei, onde está situado o Concello de Vigo, onde os compañeiros nos recibiron cun agasallo ante de comezar a visita guiada pola cidade. As guías fixeron un traballo fantástico e ensináronnos moitas cousas da cidade, que sen dúbida descoñeciamos.

Explicáronnos con detalle a parte antiga da cidade os oficios de aquela época que aínda hoxe forman parte da economía dunha cidade que xira entorno ao mar.

A cidade de Vigo foi coñecida dende hai tempo polo alcume de "Cidade Olívica", e na actualidade "Cidade Oliveira" porque no adro da Colexiata de Santa María existía desde antigo unha gran oliveira. Esta oliveira foi plantada polos monxes Templarios, cando gobernaban a parroquia.

A vella árbore, símbolo da Paz, rompeuse tantas veces para conmemorar -coas súas pólas- a entrada do Salvador en Xerusalén, que desapareceu cando se construíu a actual igrexa. Cando foi cortada a oliveira, D. Manuel Ángel Pereyra colleu unha das súas pólas e plantouno no xardín da súa casa. , diante da Porta do Sol. Alí arraigou e medrou ata que o desenvolvemento da cidade a fixo desaparecer, pero non antes de ser plantada de novo no Paseo de Afonso XII. No seu novo emprazamento, a oliveira foi protexida cun valado de ferro; onde se colocou unha placa de bronce que acredita a promesa feita ante el polos vigueses de "amor, lealdade e abnegación pola cidade" en agosto de 1932.

Ao rematar fomos a visitar Termavi e quedamos abraiados con todo o movemento comercial do porto de Vigo, tanto pola calidade do seu traballo coma pola súa situación. Termavi está estratexicamente situado en Vigo con acceso directo ao tránsito entre Europa e América, así como rutas con Asia e África. Isto unido ás excelentes condicións que ofrece a ría en materia de navegabilidade e seguridade no mar, supón a posibilidade de traballar as 24 horas do día, os 362 días do ano. O acceso directo, tanto á autoestrada AP-9 como á Terminal de Teco, supón unha boa combinación de medios de transporte, racionalizando o tráfico de carga, o que se traduce en menores custos de servizo e nunha gran vantaxe sobre os nosos competidores. TERMAVI, como empresa de Xestión de Puntos de Inspección de Tráfico de Contedores e Fronteiras, promove unha política empresarial orientada á calidade do servizo ao cliente observando o Código Ético do grupo empresarial Davila ao que pertence.