jueves, 26 de febrero de 2015

TARDE MÁXICA CON MIL SORRISOS E UN PERDÓN




                   O luns día 9 de febreiro, foi para nós un día de nerviosismo e moita emoción. As 4.30 da tarde tería lugar na Biblioteca do centro a proxección do documental "Mil sorrisos e un perdón". Preguntarédesvos o porqué de tanto estusiasmo...e velaí vai a resposta.
                 " Mil sorrisos e un perdón" é un documental producido por Bruno Nieto Estévez e prtagonizado por Daniel Fernández Carril. Ámbolos dous ex-alumnos do IES Celanova. Desde aquí queremos rendirlles o noso pequeno tributo, apoialos no seu camiño e desexar que tanto talento reciba a súa merecida recompensa.
                  A conexión de Bruno e Dani cos 130 alumnos participantes na actividade foi máxica e inmediata...a única obxección, por dicir algunha, e que nos quedamos con ganas de máis...de máis respostas, de máis sorrisos...en definitiva de máis tempo na vosa compaña.
                  A ti Dani agradecerche que compartiras con todos nós a túa historia con tanta xenerosidade, simpatía e naturalidade e grazas a Bruno por contala do mellor xeito posible...con esa sensibilidade que só os artistas con gran talento poden facer.
Mil sorrisos e un perdón non só é un documenral, é una lección de vida da que todos e cada un de nós deberíamos aprender. GRAZAS 

0 comentarios:

Publicar un comentario