miércoles, 9 de noviembre de 2016

REVISTA POLEIRO 2016

viernes, 21 de octubre de 2016

OUTONO DAS LETRAS

Xa  estamos de volta!!!!O EDLG do IES Celanova xa está traballando en novos proxectos e actividades nas que os alumnos e profesores do centro se impliquen como ata agora ou máis no uso do galego falado e escrito, nas aulas e fóra delas.
Por iso estamos a preparar o noso particular Outono da Lingua, onde os alumnos exporán no taboleiro de EDLG as súas redaccións, poemas propios e poemas de autor cunha temática común: o outono en tódalas súas facetas: fermosas paisaxes, festas populares, gastronomía...
En breve xa vos poderemos amosar o resultado.





Chega o outono

O outono chega moi calado
co seu vestido marrón,
levantando un aire fresco
e anunciando a súa estación.

Dinos adeus o verán
chove e chove sen parar
as árbores sen follas
peladiñas quedarán.

O outono ten un pincel
que pinta o campo dourado,
as nubes as pinta de gris
e o sol píntao de nublado.

Os paxaros en bandada
voan hacia outro lugar
porque teñen moito frío
e aquí non poden piar.




 PERDIDO NOS RECORDOS


         Xoán púxose a camiñar costa arriba cara á praza principal do pobo. Ía unha tarde fresca, xa que estaban case a mediados de novembro, e non dubidou en poñerse abrigo.
         O sitio estaba animado, xa que ese día celebrábase o magosto no lugar.
         Avanzaba o rapaz en absoluta tranquilidade, cando de súpeto, divisou a dúas persoas encarapuchadas e cunha indumentaria completamente negra, que se metían con celeridade por unha canella intransitada.
         Extrañado e en parte asustado, rememorou os feitos con extrema cautela. O medo fixo que arribara antes de tempo nun improvisado lugar, esperando a que pasase o temporal.
         En poco tempo chegou a praza, e alí si que xa non habería problemas, dado que estaba ateigada de xente.
         Nunha beira estaban uns axudantes, que case non daban feito, e no resto do espazo, xente a rebosar de ledicia.
         Algúns cantaban e bailaban ao son dunha música da que Xoán descoñecía o procedencia; outros comían e outros conversaban.
         O rapaz divisou aos seus amigos entre a multitude e púxose a camiñar cara eles, cando de súpeto, un vehículo negro apareceu. Del saíron os dous encarapuchados, que tiraron (coido que era unha mochila), a cadanseu lado.
         A partir dese momento, non hai máis recordos.


David Pereira Rodríguez 3º ESO B




O outono da vida

Ai o outono!!!
de follas vermellas, amarelas
e laranxas.
Ti que as árbores ispes
e engalanas os camiños como uns interminables
sendeiros de lume baixo,
tempo de frío e festas sen fin.
As páxinas do teu libro,
todo o mundo ás recolle para os seus versos ler.
Cando remata o poema da túa vida
Comeza o outono a desaparecer

Cristopher Vadir Alonso Castro 1º ESO A








As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.
Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan
co vento
todos collidos
da man.

Antonio García Teijeiro




Ven  onda nós o outono
da cabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.


Síntoo chegar contento

da eterna viaxe
enredando entre as follas 
estrando friaxe

Ana Mª Fernández "Ondas de verde e azul" Xerais






OS CAMIÑOS

Fas coas follas camiños,
con cores fas sentimentos
Fas caer os froitos da terra
e nos ofreces os que tes dentro

Ti coidas fermosas paisaxes
que nos regalan poesía e cor
que se visten coas follas
para poder sentir a súa calor










 

Don carballo chora landras
na amencida.

E don Outono baballa
néboa fría.

Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.

E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.

Helena Villar e Xesús."Dona e Don" Árbore-Galaxia

  

jueves, 2 de junio de 2016

Xa está en marcha o XXVIII Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Os alumnos do centro terán ata o 15 d Xuño para entregar os seus relatos que como tódolos anos xira en torno a campaña de dinamizacón da Biblioteca que este ano é "O cine, retablo de marabillas". Esperamos unha alta participación e que gane o mellor.
              Este ano 2016 o homenaxeado no día das letras galegas é o escritor lucense Manuel María.
              Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rey o 6 de outubro de 1929  e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
             Nas elección municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro. En 1982 , Abandonou a militancia política do BNG para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003 pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".
Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, o arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, o mundo animal  Dedícaselle o Día das letras galegas de 2016
                “ Galicia é unha nai                  Galicia somos nós
                   Velliña, soñadora                   a xente e maila fala,
                  na voz da gaita rise                 se buscas a Galicia
                  na voz da gaita chora            en ti tes que atopala”               “Os soños na gaiola”



ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY


       Os alumnos do IES Celanova, disfrutaron dun encontró moi especial coa actriz ourensana Saamira Ganay, no que coñeceron máis de cerca o mundo do audiovisual galego, e no que tiveron a oportunidade de entrevistala, preguntándolle todo tipo de dúbidas acerca da súa vida profesional e persoal e sobre o que acontece tras 
das cámaras nunha rodaxe.
          Os alumnos disfrutaron moito das dúas horas de charla-coloquio que a verdade pasaron voando. Traballaron en equipo tratando de encontrar as cualidades que debe posuír un bo actor, e a través de vídeos explicativos e da propia experiencia persoal de Saamira, achegáronse ao lado máis escuro da profesión, moito traballo, moitos castings durísimos e moitos canditatos para moi pouco traballo.                                                                                               Gracias Saamira pola túa cercanía e simpatía.

I ENCONTROS EN CELANOVA COS ALUMNOS DE LALÍN


           Despois da boa experiencia que supuxo o ano pasado o Intercambio con IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, decidimos conxuntamente os departamentos de EDLG manter a tradición de reunirnos anualmente unha vez cada curso. E de ahí xurdiu a idea de crear os I Encontros co alumnado de Lalín.

          E unha vez máis a experiencia non defraudou.
         A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizaron distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine retablo de marabillas”
Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016.
Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel  acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. O rematar  a outra profesora de música  do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación as dúas profesoras interpretaron un ha obra para órgano a catro mans para rematare a visita ao órgano.
Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos.
Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.



viernes, 6 de mayo de 2016

RECIBIMOS Ó ALUMNADO DO IES DE MELIDE


         O intercambio cultural con outros centros é unha das actividades que o alumnado máis disfruta. Neste curso realizamos o intercambio  co IES de Melide.

        As 10.30 da mañán chegaron a Celanova. Os alumnos do IES  esperaron a chegada dos seus compañeiros na biblioteca donde os recibiron coa interpretación da BSO de Breaveheart en concordancia co proxecto da Biblioteca " O CINE"
       Posteriormente e despois de cargar enerxías cuns pinchos na cafetería, realizamos a visita guiada ó Mosteiro de San Salvador, clauatro barroco, Capela de San Miguel e coro gótico, onde o alumnado poido ver e escoitar de cerca o fermoso órgano da igrexa (S. XVIII)
      Xa pola tarde visitamos a casa familiar de Curros Enríquez, onde Paula nos acercou un pouco máis á figura deste ilustre celanovés.
       As 17.30 despedimos a alumnos e profes, esperando vernos o 30 de maio en Melide, aínda que non sabemos se será posible, debido o escasísimo presuposto  asignado ó EDLG
     


jueves, 31 de marzo de 2016


"As boas experiencias hai que repetilas", eso pensamos Pilar Espiño e mais eu cando decidimos organizar o II Encontro entro alumnado do IES Ramón María Aller Ulloa e o IES Celanova Celso Emilio Ferrreiro. A experiencia do ano pasado foi excepcional e esperamos que este ano se supere. O día 6 de Abril, iremos a Lalín coa intención de pasar un día inesquezible no seu marabilloso entorno e nunha inmellorable compañía. Ojalá o tempo nos acompañe!!!!!


          Iria da Mota Díaz, alumna de 3º ESO A foi a gañadora do Certame de Postais de Nadal. A súa postal foi portada do boletín informativo para as familias que realiza o centro no primeiro trimestre. Unha fermosa imaxe para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.
         Despois de moito esperar por fin Iria recibiu o seu premio. Só esperamos que a tardanza merecera a pena e que a partir de agora nos siga sorprendendo coa súa creatividade e talento. Felicidades Iria

         

MEMORIAS DUN DÍA ESPECIAL

Bos días!!!! Sinto a tardanza, pero entre exames, avaliacións e posteriores vacacións non tiven tempo de contarvos o día tan especial que pasamos en Ourense os alumnos de EDLG en compañía do alumnado do Club VIP de lectura da Biblioteca do IES Celanova.
O chegar a Ourense fixemos unha visita didáctica ó Conservatorio Profesional de Música, onde o alumnado coñeceu de primeira man o funcionamento do órgano de tubos gracias a explicación de Marisol Mendive, profesora titular de órgano do Conservatorio.





O acabar a visita didáctica ó Conservatorio demos un paseo ata o centro da cidade dirixíndonos ó Teatro Principal de Ourense, onde disfrutamos da obra "Variedades" realizada e interpretada polos alumnos do IES de Melide, Palas de Rei e A Estrada. Só me falta felicitar a todos os alumnos que participaron de este espectáculo e por suposto o seu profe por realizar un excelente traballo.         

martes, 16 de febrero de 2016

Os alumnos de normalización lingüística do IES Celanova acudirán ó Teatro Principal de Orense acompañados polos alumnos do club VIP de Lectura da Biblioteca do Centro. A obra titúlase "Variedades" 

SINOPSE
A través dunha viaxe ó universo da creatividade, da fantasía e do humor, créase dunha forma coral o espectáculo VARIEDADES, unha obra que invita aos espectadores a reflexionar sobre a complexidade das relacións entre as persoas en diferentes etapas da súa experiencia vital: infancia, adolescencia e madurez
Mediante a colaboración dos integrantes das diferentes Aulas de Teatro de Palas de Rei, A Estrada,e Melide transítase polo mundo da emoción, da sensibilidade e do humor e abórdanse  temas de actualidade que preocupan e interesan á xuventude e os adultos. Aparecen, así, ao largo do espectáculo reflexións sobre a violencia de xénero, o cambio climático, as consecuencias negativas da agresividade, as posibilidades e perigos das novas tecnoloxías, a problemática do mercado laboral, a realidade das persoas máis desfavorecidas,á discriminación por motivos de raza, xénero u crenzas..
Trátase dunha obra composta por varias esceas independentes elaboradas en horario extraescolar por alumnos de idades comprendidas entre os 10 e os 21 anos, coa finalidade de educar, madurar e integrar tódaslas realidades sociais.




jueves, 14 de enero de 2016

AS BÁGOAS DUN NENO LABREGO. ADEUS A NEIRA VILAS

                O escritor Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928), autor de Memorias dun neno labrego, a obra máis vendida e traducida de la literatura gallega, faleceu o vernes 27 de Novembro do 2015 na súa casa de Vila de Cruces. 
              "Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre",a primeira frase de Memorias dun neno galego, e, quizáis, unha das máis repetidas da literatura galega, e a que acompañou á infancia de varias xeracións de nenos de Galiza. Este venres, desde que se deu a coñocer a súa morte, a nosa literatura sinte un grande pesar, ese valeiro que só deixan os grandes. 
                A longa traxectoria de Xosé Neira Vilas pasa polo  ensaio, a novela, o periodismo e a poesía e, polo seu intenso traballo de máis de 50 obras e o seu activismo en defensa da lingua galega, recibindo nos últimos anos múltiples homenaxes. Este mismo 2015 concedéronlle  a medalla de Ouro de Galicia, máxima distinción do Gobierno galego.
               A súa gran obra Memorias dun neno labrego  foi o primeiro best seller da literatura galega, está considerada como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego, pero as súas fronteiras non se quedaron en Galiza, senón que desde a súa publicación en 1961  traduciuse a 15 idiomas, e levaba o pasado verán 600.000 exemplares vendidos.
                En 1961, ano da publicación del famoso Memorias dun neno labrego, emigrou a A Habana y alí  especializouse en periodismo literario 
              A súa actividade cultural e literaria seguiu moi activa a pesar da  súa idade ata a súa morte o venres 27 de Novembro de 2015.
                Desde 1992 vivía de novo en Galiza na su casa natal de Vila de Cruces creando a Fundación que leva o seu nome, gran dinamizadora cultural e lingüística.