xoves, 28 de maio de 2026

     "Cando a poesía canta" é o proxecto que representará ao IES Celanova na gala de entrega de premios da VIII edición do Concurso Internacional  de podcast Xosé Mosquera Pérez. Para nós, ser finalistas entre máis de 80 proxectos xa é un triunfo. 

    O alumnado de 4º de ESO de Oratoria foi o encargado de realizar e compartir esta viaxe poética e musical que espero que desfrutedes. Quero felicitalos polo seu excepcional traballo e decirlles que xa gañamos moito polo camiño: traballo en grupo, integración, anécdotas variadas, e sobre todo moita emoción. Moita sorte o día 8 de xuño.


 Os alumnos de 3º de PDC do IES Celanova, despois de moito traballo coordinado polo seu profesor Rafael Adán e coa colaboración de Teresa Devesa, presentaron a súa obra de teatro Atranco no banco. Todo un éxito. Noraboa rapaces.






domingo, 17 de maio de 2026

   

                                           

       A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a homenaxeada das próximas Letras do 2026 que serán unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño. Ademais, A súa obra  aborda a mitoloxía clásica e artúrica. E en canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica». 

    No xornalismo, tanto no papel coma nas ondas, atopou unha ferramenta para combater as inxustizas, a discriminación, as desigualdades e os privilexios. E desa observación atenta e rigorosa da realidade social xorde a narradora, que emprega a ficción para desfacer prexuízos e estereotipos que nos foron transmitidos a través dos mitos e para ir tecendo uns novos, dende a perspectiva feminista que percorre toda a súa escrita. En ámbalas dúas áreas, no xornalismo e na ficción, Begoña Caamaño apostou por darlle voz a quen tradicionalmente non a tivo e por intentar mudar as cousas e mellorar a vida das persoas.

    Ademais do seu labor profesional, na Raio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige

xoves, 14 de maio de 2026

Este ano coincidindo coa celebración do 50 aniversario do pasamento de Otero Pedraio, o IES Celanova en colaboración con outros centros celebramos a nosa particular homenaxe na que non faltou a músic, o baile e a poesía. aquí amosamos unha mostra do noso recital colaborativo e improvisado, porque a poesía tamén se pode disfrutar. 
Seminario Intercentros de Biblio Poleiro
Ao Xamón per tutti de Biblio Poleiro

luns, 4 de maio de 2026


Como todos anos por estas datas, o EDLG convoca o Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Este ano xirará en torno ao tema "A ti que te inspira? en liña coa campaña en curso da biblioteca "O fogar das musas". Desexamos que o alumnado se anime a participar.


 

luns, 23 de febreiro de 2026

CELEBRANDO A ROSALÍA


 O alumnado de oratoria e FPB prepararon unha homenaxe á figura de Rosalía de Castro para celebrar o día de Rosalía o 23 de febreiro. Hoxe tamén poderán degustar no recreo o Caldo de Gloria. A receita podédela encontrar no poema "Miña casiña, meu lar"








xoves, 19 de febreiro de 2026

CASTELAO. ARTE NAS MESAS

 O EDLG continúa coas actividades entorno á figura de Castelao. Os departamentos de Plástica e Galego acordaron recrear os fermosos debuxos de Castelao, algúns interpretando moi enxeñosamente a nosa realidade. “Arte nas mesas” volve a converter a nosa biblio nun espazo expositivo.

Aquí vos deixamos unha pequema mostra

a





venres, 21 de novembro de 2025

A TÁBULA HOSPITALIS NO IES CELANOVA

 O día 19 de Novembro, tivemos a honra de presentar no salón de actos do IES Celanova a Tábula Hospitalis de Castromao, encontrada en 1970. Os alumnos de 1º de ESO foron os encargados de contar de forma amena tan importante achado. Agradecer a César Llana, en representación do Museo Arqueolóxico, a oportunidade única de achegarnos a nosa historia. O acto contou tamén coa presencia de Javier Gándara, exalumno do centro, e compositor das pezas que amenizaron a presentación, interpretadas maxistralmente por Santiago Comesaña.








venres, 7 de novembro de 2025

CONCURSO DE PORTAS TERRORÍFICAS

O EDLG convocou por segundo ano consecutivo o concurso de portas terroríficas quedando como gañadora a porta de 2ª ESO B. O mellor de este tipo de actividades é o traballo en grupo, e sen dúbida neso forn todos gañadores
                                                                    Porta gañadora 2º ESO B

venres, 26 de setembro de 2025

MUSICAL DISNEY

Comezamos este novo curso con moito entusiasmo e motivación, e xa levamos a cabo a primeira actividade deste curso 25/26. O día 24 de setembro tivemos o pracer de asistir no Auditorio Municipal de Ourense ao musical Disney dirixido por David Rodríguez Rivada, profesor do IES Xesús Taboada Chivite. Este musical, traducido íntegramente ao galego, reflexa todo o bo facer e o traballo non só no aspecto musical e lingüístico, senón tamén unha mirada crítica e reflexiva sobre o papel da muller no mundo Disney.

martes, 1 de abril de 2025

O martes 25 de marzo de 2025 tivo lugar a segunda xuntanza entre o alumnado de Celanova e de Betanzos, do IES As Mariñas. Neste segundo intercambio lingüístico o alumnado de Celanova presentou o seu centro e despois todo o alumnado de ambos os centros realizaron unha Xincana por Celanova onde descurbriron os segredos e curiosidades de Celanova.
.

mércores, 19 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN

A Regueifa chegou a Terras de Celanova. Lupe Blanco veu dende Coristanco para achegarnos a unha das tradicións da nosa lírica popular oral. Canta retranca saiu do noso alumnado! Medre a regueifa e as regueifeiras!

venres, 14 de marzo de 2025

ERGUENDO A VOZ DAS MULLERES

Luns día 10 de marzo conmemoramos o Día da Muller(8M). Acudimos a un acto no que compartimos a nosa homenaxe cos compañeiros doutros centros e asociacións de Celanova

martes, 11 de marzo de 2025

Seguindo os costumes da vila de Celanova celebramos o Entroido na véspera do Sábado de Piñata. Realizamos un percorrido polas rúas celanovesas amosando os nosos disfraces que rematou con diferentes bailes na praza Maior de Celanova. Ademais disto gozamos dunha merenda e dun concerto de rock coa banda do profesorado "The Kastor Band".

mércores, 26 de febreiro de 2025

O 23 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento dunha das escritoras máis importantes na nosa literatura. A nosa homenaxe na Peza do Mes xira arredor da REPRODUCIÓN FACSÍMIL DA PRIMEIRA EDICIÓN DE FOLLAS NOVAS publicada por primeira vez na Habana en 1880. Queremos aclarar que un facsímil é unha copia ou reprodución case idéntica dun documento. A Habana en Cuba era un importante centro cultural, cun puxante Centro Galego que agrupaba aos emigrantes que alí chegaron ao longo do século XIX. A obra de Rosalía xa era coñecida en Cuba e Follas novas foi editada pola editorial cubana La Propaganda Literaria. Ao longo da historia a súa imaxe foi símbolo da cultura e lingua galega e tamén icono do apoio aos grupos máis prexudicados da nosa sociedade. O seu retrato circulou entre 1979 e 1984 no billete de 500 (cincocentas ) pesetas. Ao cambio, equivale a 3€. Tamén comezou a circular en 1968 unha tirada de 10.000.000 de selos de Correos co seu rostro. Tendo en conta que nestes anos hai unha importante vagada de emigración, e o medio de comunicación entre moitas familias era o correo postal, o feito de ilustrar estes selos coa figura de Rosalía recórdanos a súa forte sensibilidade co colectivo emigrante. Os límites desta escritora non teñen froiteiras, sendo tan altos que chegaron ao ceo. Un avión da empresa Norwegian leva estampada a imaxe de Rosalía dende 2017. Nun acto celebrado o 17 de decembro de 2019 en París a Unión Astronómica Internacional fixo un novo nomenamento de estrellas e planetas, a estrela asignada a España, leva desde ese momento como nome «Rosalía de Castro». A figura de Rosalía foi tamén fonte de inspiración para multitude de artistas. Así temos representación en cerámica da súa persoa por artesáns como Sargadelos ou Regal. Tamén en ilustracións como da que temos aquí exposta de Uxía Oviedo. A súa poesía está en parte inspirada no noso cancioneiro popular. Casas de creación de instrumentos tradicionais como Sanín decoran as súas pezas tamén coa súa imaxe. E si queremos seguir levando adiante o seu legado hai milleiros de tendas que crean merchandising con frases inspiradoras da súa obra e co seu rostro. ROSALÍA HOXE A figura de Rosalía de Castro toma toda a importancia xa durante o século XIX, mais o seu legado segue nos nosos días como fonte de inspiración para novos escritores, músicos e artistas. A súa relevancia ten raíces literarias, pero a forte pegada na actualidade creou unha iconografía ao seu redor por todo aquilo que evoca a súa persoa: • Rosalía é feminismo, representando a búsqueda de recoñecemento, visibilidade e independencia das mulleres nunha sociedade patriarcal. • Rosalía é loita, posto que puxo en valor unha lingua rexeitada e esquecida, dignificando ademais as costumes, a cultura e a lírica popular galegas. • Rosalía é liberdade na defensa o pobo galego, denunciando as inxustizas e miserias que vivía a nosa xente. É así como a día de hoxe empregamos a súa imaxe e as súas palabras como símbolo lingüístico, cultural e feminista.
O alumnado de 2.º ESO do IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro desprazouse até Betanzos o 24 de febreiro de 2025 para realizar un intercambio lingüístico co IES As Mariñas. Tocou un día chuvioso e só realizamos actividades no interior. En primiero lugar no Museo das Mariñas e despois no propio centro escolar betanceiro.

mércores, 1 de xaneiro de 2025

Portadas da revista

Neste sitio web podedes ver as portadas da revista O Poleiro, revista do EDLG do IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro, desde o ano 2002.

luns, 4 de novembro de 2024

Alumnado de 4.º ESO e mais de 1.º e 2.º Bacharelato realizaron a finais de outubro de 2024 unha visita didáctica a Portugal, concretamente á súa capital Lisboa e tamén ás cidades de Coimbra e Aveiro. A primeira parada foi na cidade universitaria de Coimbra onde, baixo unha calor abafante, visitaron os lugares máis representativos desta universidade que é unha das máis antigas en funcionamento continuo do mundo e a máis antiga de Portugal. No día seguinte, xa en Lisboa fixeron unha vista guiada á Biblioteca Nacional de Portugal, onde puideron ver o orixinal do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, tamén denominado Cancioneiro Colocci-Brancuti, unha alfaia cultural galega e portuguesa que é a colección de cantigas escritas en galego-portugués. A seguir visitaron a zona universitaria da Universidade de Lisboa. Á noitiña desprazáronse até a zona de Belém, onde visitaron a Torre de Belém, o Padrão dos Descobrimentos, o Mosteiro dos Jerónimos e probaron os famosos pasteis de Belém. O terceiro día tocou o centro da cidade de Lisboa. Comezaron na Praça dos Restauradores e mais o interactivo Museu do Dinheiro, que inclúe a Muralha de D. Dinis. Tamén se detiveron na Praça de D. Pedro IV, na rúa Augusta e o seu grande Arco e na Praça do Comercio (Terreiro do Paço). Despois de comer estiveron coa tuna da Facultade de Farmacia e subiron desde a Baixa ata o Chiado e pasaron pola cafetaría A Brasileira e mais o largo do Carmo, coa súa relevancia dentro da Revolução dos Cravos de 1974, onde tiveron unha excelente vista da cidade de Lisboa desde o elevador do Carmo. O último día, para rematar esta visita a Portugal, regresaron a Celanova parando en Aveiro e onde viron os famosos molicieiros.

martes, 15 de outubro de 2024

Conversa arredor da Xeración Nós

O día 11 de outubro de 2024 a profesora Patricia Arias Chachero conversou co alumnado de Bacharelato sobre a importancia da Xeración Nós na historia da literatura galega e a relevancia que tivo a cidade de Ourense. Sendo materia de 2.º de Bacharelato o alumando aproveitou para facerlle preguntas e traballar co Patricia a partir dos recursos didácticos que presentou sobre a Xeración Nós.

martes, 14 de novembro de 2023

PREPARANDO O FOGAR DAS MUSAS

O Fogar das Musas é o título da nova campaña da Biblioteca 2024. Xa temos moito traballo adiantado e vos podemos presentar os folletos turísticos en tres idiomas para achegar todos a cultura de Celanova.

https://bibliotecapoleiro.blogspot.com/2023/11/os-nosos-folletos-turisticos.html


Hecho con Padlet