xoves, 28 de maio de 2026

     "Cando a poesía canta" é o proxecto que representará ao IES Celanova na gala de entrega de premios da VIII edición do Concurso Internacional  de podcast Xosé Mosquera Pérez. Para nós, ser finalistas entre máis de 80 proxectos xa é un triunfo. 

    O alumnado de 4º de ESO de Oratoria foi o encargado de realizar e compartir esta viaxe poética e musical que espero que desfrutedes. Quero felicitalos polo seu excepcional traballo e decirlles que xa gañamos moito polo camiño: traballo en grupo, integración, anécdotas variadas, e sobre todo moita emoción. Moita sorte o día 8 de xuño.


 Os alumnos de 3º de PDC do IES Celanova, despois de moito traballo coordinado polo seu profesor Rafael Adán e coa colaboración de Teresa Devesa, presentaron a súa obra de teatro Atranco no banco. Todo un éxito. Noraboa rapaces.






domingo, 17 de maio de 2026

   

                                           

       A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a homenaxeada das próximas Letras do 2026 que serán unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño. Ademais, A súa obra  aborda a mitoloxía clásica e artúrica. E en canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica». 

    No xornalismo, tanto no papel coma nas ondas, atopou unha ferramenta para combater as inxustizas, a discriminación, as desigualdades e os privilexios. E desa observación atenta e rigorosa da realidade social xorde a narradora, que emprega a ficción para desfacer prexuízos e estereotipos que nos foron transmitidos a través dos mitos e para ir tecendo uns novos, dende a perspectiva feminista que percorre toda a súa escrita. En ámbalas dúas áreas, no xornalismo e na ficción, Begoña Caamaño apostou por darlle voz a quen tradicionalmente non a tivo e por intentar mudar as cousas e mellorar a vida das persoas.

    Ademais do seu labor profesional, na Raio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige

xoves, 14 de maio de 2026

Este ano coincidindo coa celebración do 50 aniversario do pasamento de Otero Pedraio, o IES Celanova en colaboración con outros centros celebramos a nosa particular homenaxe na que non faltou a músic, o baile e a poesía. aquí amosamos unha mostra do noso recital colaborativo e improvisado, porque a poesía tamén se pode disfrutar. 
Seminario Intercentros de Biblio Poleiro
Ao Xamón per tutti de Biblio Poleiro

luns, 4 de maio de 2026


Como todos anos por estas datas, o EDLG convoca o Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Este ano xirará en torno ao tema "A ti que te inspira? en liña coa campaña en curso da biblioteca "O fogar das musas". Desexamos que o alumnado se anime a participar.


 

luns, 23 de febreiro de 2026

CELEBRANDO A ROSALÍA


 O alumnado de oratoria e FPB prepararon unha homenaxe á figura de Rosalía de Castro para celebrar o día de Rosalía o 23 de febreiro. Hoxe tamén poderán degustar no recreo o Caldo de Gloria. A receita podédela encontrar no poema "Miña casiña, meu lar"








xoves, 19 de febreiro de 2026

CASTELAO. ARTE NAS MESAS

 O EDLG continúa coas actividades entorno á figura de Castelao. Os departamentos de Plástica e Galego acordaron recrear os fermosos debuxos de Castelao, algúns interpretando moi enxeñosamente a nosa realidade. “Arte nas mesas” volve a converter a nosa biblio nun espazo expositivo.

Aquí vos deixamos unha pequema mostra

a