luns, 4 de novembro de 2024
martes, 15 de outubro de 2024
Conversa arredor da Xeración Nós
martes, 14 de novembro de 2023
PREPARANDO O FOGAR DAS MUSAS
O Fogar das Musas é o título da nova campaña da Biblioteca 2024. Xa temos moito traballo adiantado e vos podemos presentar os folletos turísticos en tres idiomas para achegar todos a cultura de Celanova.
https://bibliotecapoleiro.blogspot.com/2023/11/os-nosos-folletos-turisticos.html
martes, 7 de novembro de 2023
ORGULLOSOS DOS NOSOS EXALUMNOS
Francisco Estévez Lengua é un exalumno do IES Celanova
que deixou unha pegada inesquecible en todos os seus compañeiros e profesores.
Bo alumno e bo compañeiro, dinámico, intelixente… todos recordamos a súa
promoción con moito agarimo.
Na súa facultade de Matemáticas da USC segue a
dinamizar o seu contorno como xa facía aquí, axudado por outros compañeiros,
como Santiago González, que tamén foi alumno noso: iniciaron a andaina dunha
nova revista estudiantil, Máis Mates, con artigos de alumnado e profesorado, e
aberta a outras colaboracións, que busca "compartir coñecemento científico...
conectar ideas... e recortar as nosas fronteiras". Fermosas intencións!
Sentimos unha enorme ledicia de coñecer as súas
andanzas
martes, 31 de outubro de 2023
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Nós, os
galegos, temos que defender a celebración do Samaín, non a
festividade de Halloween, que parece acapáralo todo se analizamos todo tipo
actividades animadas e
arrepiantes que
enchen as nosas rúas estes días para celebrar estas datas. Realmente, parece
que o Samaín non existira, sendo unha celebración tan relevante da nosa cultura
que realza unha das tradicións máis arraigadas de orixe celta relacionada
coas colleitas e tamén cos espiritus que nos acechan dende o máis alá. É
una festa asociada ó ciclo anual do sol e foi
descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro e ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os
vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a
posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos
luns, 9 de outubro de 2023
A ESCRITORA GALEGA YOLANDA CASTAÑO PREMIO NACIONAL DE POESÍA
O xurado elexiu a súa obra "Materia", dotada dunha extraordinaria forza evocativa e sensorial que xira sobre a maternidade e a familia. "Materia" concentra unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva. é directa, radical e feminista.
martes, 26 de setembro de 2023
A BIBLIO XA ABRE POLAS TARDES









Visita á Biblioteca Nacional de Lisboa: Cancioneiro Colocci-Brancuti