Despois da boa experiencia que supuxo o ano pasado o Intercambio con IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, decidimos conxuntamente os departamentos de EDLG manter a tradición de reunirnos anualmente unha vez cada curso. E de ahí xurdiu a idea de crear os I Encontros co alumnado de Lalín.
E unha vez máis a experiencia non defraudou.
A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizaron distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine retablo de marabillas”
Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016.
Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. O rematar a outra profesora de música do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación as dúas profesoras interpretaron un ha obra para órgano a catro mans para rematare a visita ao órgano.
Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos.
Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.
I ENCONTROS EN CELANOVA COS ALUMNOS DE LALÍN