Onte foi un día fermoso.
Moitas veces, os docentes sempre andamos a queixarnos de que hai pouca disciplina, de que os alumnos non traballan e un longo etc...Pero ás veces, ocorren pequenas cousas que fan que o túa ilusión permaneza intacta. Onte un alumno de 3º ESO C, Alexandre Corbillón mostroume con toda a ilusión do mundo uns poemas compostos por él, onde se pode apreciar non só unha correcta escritura, senón unha inmensa sensibilidade. Este post para min e moito máis que o recoñecemento ao seu traballo, é un sincero agradecemento, é unha chamada de atención de que o talento está por ahí solto e nós como docentes temos que encontralo e potencialo. Moitas grazas Alexandre.
Ergo a mirada,
comezando a deixarme levar
a ritmo de senza misura lenta.
Tal vez esa noite se o meu corazón cego,
non quedara esparexido polos ventos,
s
e non morrera para darlle vida ao amor,
tal vez, tal vez non o faría.
Camiñando perigosamente como un trapecista,
Polas cordas do desexo,
sen ter en conta a caída.
Mirando ó frente corro hacia o vacío
sentindo medo e raiba,
sentindo amor e morriña
dou un pulo na cornixa,
o meu corpo escacha o ar
crebando o silencio.
Sentinme libre como nunca,
os pensamentos quedaran na cornixa,
liberándome do teu amor,
enxoitando co selo da morte.
Malec Corbillón
Canto máis quero olvidarte,
máis te recordo,
canto máis quero alonxarme,
máis perto te teño,
e é que canto máis quero odiarte
máis te amo.
Malec Corbillón
Sen ser doado
É dificil non berrarlle ao ceo con bágoas nos ollos,
cando sabes que xa non poderás estar con el
É dificil durmirse entre bagullas e recordos que
sempre estarán ferindo o teu corazón.
É dificil mantela calma e acougar cando sabes que
unha pedra sempre afundirá no mar.
É dificil non pensar nesa persoa a quen máis amamos
e pola que daríamolo todo por vela feliz,
aunque esa ledicia implicase non poder estar ao seu carón
xamais.
Malec Corbillón
Bágoas
Coa mirada perdida nunha noite xorda e cega,
chea de recordos que recheaban con sentimento as
pingas de auga que que se botaban ao suicidio
esvarando polas miñas meixelas ata acabaren
caendo a almofada, creando un estalido que rompía
o silencio que envolvía o cuarto, bagoas que deixaban
o meu corazón enxoito.
Malec Corbillón
CELANOVA SEGUE A SER TERRA DE POETAS