Nós, os
galegos, temos que defender a celebración do Samaín, non a
festividade de Halloween, que parece acapáralo todo se analizamos todo tipo
actividades animadas e
arrepiantes que
enchen as nosas rúas estes días para celebrar estas datas. Realmente, parece
que o Samaín non existira, sendo unha celebración tan relevante da nosa cultura
que realza unha das tradicións máis arraigadas de orixe celta relacionada
coas colleitas e tamén cos espiritus que nos acechan dende o máis alá. É
una festa asociada ó ciclo anual do sol e foi
descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro e ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os
vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a
posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos
martes, 31 de outubro de 2023
luns, 9 de outubro de 2023
A ESCRITORA GALEGA YOLANDA CASTAÑO PREMIO NACIONAL DE POESÍA
O xurado elexiu a súa obra "Materia", dotada dunha extraordinaria forza evocativa e sensorial que xira sobre a maternidade e a familia. "Materia" concentra unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva. é directa, radical e feminista.
martes, 26 de setembro de 2023
A BIBLIO XA ABRE POLAS TARDES
luns, 25 de setembro de 2023
O EDLG DO IES CELANOVA DAVOS A BENVIDA NESTE NOVO CURSO.
mércores, 21 de xuño de 2023
INTERCAMBIO CO IES DE BEADE

Ao
rematar continuamos coa visita guiada ao Mosteiro de San Salvador e a capela de
San Miguel. Por grupos reducidos os alumnos entraron non interior da capela e
quedaron sorprendidos da súa especial iluminación. Dentro da igrexa,
concretamente no coro gótico, puidemos gozar dun espectacular concerto de
órgano no coro gótico a cargo da profesora de órgano Marisol Mendive Zabaldica,
que explicou con claridade o funcionamento deste complexo instrumento e as súas
múltiples posibilidades sonoras. Rematamos este día de convivencia entre
centros visitando a Casa de Curros Enríquez., onde os rapaces descubriron moita
información desde célebre escritor.
O día 15 de maio fomos nós os que devolvemos a visita a Vigo. As 10 da mañá quedamos na praza do rei, onde está situado o Concello de Vigo, onde os compañeiros nos recibiron cun agasallo ante de comezar a visita guiada pola cidade. As guías fixeron un traballo fantástico e ensináronnos moitas cousas da cidade, que sen dúbida descoñeciamos.
Explicáronnos con detalle a parte antiga da cidade os oficios de aquela época que aínda hoxe forman parte da economía dunha cidade que xira entorno ao mar.
A cidade de Vigo foi coñecida dende hai tempo polo alcume de "Cidade Olívica", e na actualidade "Cidade Oliveira" porque no adro da Colexiata de Santa María existía desde antigo unha gran oliveira. Esta oliveira foi plantada polos monxes Templarios, cando gobernaban a parroquia.
A vella árbore, símbolo da Paz, rompeuse tantas veces para conmemorar -coas súas pólas- a entrada do Salvador en Xerusalén, que desapareceu cando se construíu a actual igrexa. Cando foi cortada a oliveira, D. Manuel Ángel Pereyra colleu unha das súas pólas e plantouno no xardín da súa casa. , diante da Porta do Sol. Alí arraigou e medrou ata que o desenvolvemento da cidade a fixo desaparecer, pero non antes de ser plantada de novo no Paseo de Afonso XII. No seu novo emprazamento, a oliveira foi protexida cun valado de ferro; onde se colocou unha placa de bronce que acredita a promesa feita ante el polos vigueses de "amor, lealdade e abnegación pola cidade" en agosto de 1932.
Ao rematar fomos a visitar Termavi e quedamos abraiados con todo o movemento comercial do porto de Vigo, tanto pola calidade do seu traballo coma pola súa situación. Termavi está estratexicamente situado en Vigo con acceso directo ao tránsito entre Europa e América, así como rutas con Asia e África. Isto unido ás excelentes condicións que ofrece a ría en materia de navegabilidade e seguridade no mar, supón a posibilidade de traballar as 24 horas do día, os 362 días do ano. O acceso directo, tanto á autoestrada AP-9 como á Terminal de Teco, supón unha boa combinación de medios de transporte, racionalizando o tráfico de carga, o que se traduce en menores custos de servizo e nunha gran vantaxe sobre os nosos competidores. TERMAVI, como empresa de Xestión de Puntos de Inspección de Tráfico de Contedores e Fronteiras, promove unha política empresarial orientada á calidade do servizo ao cliente observando o Código Ético do grupo empresarial Davila ao que pertence.
mércores, 3 de maio de 2023
XXXV Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro
Como todos os anos, xa está convocado o Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro, seguindo a temática da campaña da biblio 2023 "comer ou non comer: that is the question". Adata límite para presentar os relatos será o 26 de maio e será o equipo de Bilioteca e EDLG quen decidan o gañador.
INAUGURACIÓN DO NOSO NOVO PIANO.
O xoves 18 de maio a nosa biblio encherase de música. Recentemente, adquirimos o piano histórico do Café Latino, cuxas teclas foron tocadas polos mellores pianista do mundo do jazz. Agora forma parte da nova biblio e permitiranos ampliar as nosas propostas didácticas dentro deste espazo tan especial par nós.








CELEBRAMOS O SAMAÍN