martes, 15 de outubro de 2024

Conversa arredor da Xeración Nós

O día 11 de outubro de 2024 a profesora Patricia Arias Chachero conversou co alumnado de Bacharelato sobre a importancia da Xeración Nós na historia da literatura galega e a relevancia que tivo a cidade de Ourense. Sendo materia de 2.º de Bacharelato o alumando aproveitou para facerlle preguntas e traballar co Patricia a partir dos recursos didácticos que presentou sobre a Xeración Nós.

martes, 14 de novembro de 2023

PREPARANDO O FOGAR DAS MUSAS

O Fogar das Musas é o título da nova campaña da Biblioteca 2024. Xa temos moito traballo adiantado e vos podemos presentar os folletos turísticos en tres idiomas para achegar todos a cultura de Celanova.

https://bibliotecapoleiro.blogspot.com/2023/11/os-nosos-folletos-turisticos.html


Hecho con Padlet

martes, 7 de novembro de 2023

ORGULLOSOS DOS NOSOS EXALUMNOS

 


Francisco Estévez Lengua é un exalumno do IES Celanova que deixou unha pegada inesquecible en todos os seus compañeiros e profesores. Bo alumno e bo compañeiro, dinámico, intelixente… todos recordamos a súa promoción con moito agarimo.

Na súa facultade de Matemáticas da USC segue a dinamizar o seu contorno como xa facía aquí, axudado por outros compañeiros, como Santiago González, que tamén foi alumno noso: iniciaron a andaina dunha nova revista estudiantil, Máis Mates, con artigos de alumnado e profesorado, e aberta a outras colaboracións, que busca "compartir coñecemento científico... conectar ideas... e recortar as nosas fronteiras". Fermosas intencións!

Sentimos unha enorme ledicia de coñecer as súas andanzas

martes, 31 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 

        Nós, os galegos, temos que defender a celebración do Samaín, non a festividade de Halloween, que parece acapáralo todo se analizamos todo tipo actividades  animadas e  arrepiantes que enchen as nosas rúas estes días para celebrar estas datas. Realmente, parece que o Samaín non existira, sendo unha celebración tan relevante da nosa cultura que realza unha das tradicións máis arraigadas de orixe celta relacionada coas colleitas e tamén cos espiritus que nos acechan dende o máis alá. É una festa asociada ó ciclo anual do sol e foi descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro e ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos

 

luns, 9 de outubro de 2023


A escritora Yolanda Castaño, representante da nova poesía galega, gaña o Premio Nacional de Poesía.

O xurado elexiu a súa obra "Materia", dotada dunha extraordinaria forza evocativa e sensorial que xira sobre a maternidade e a familia. "Materia" concentra unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva. é directa, radical e feminista.
 

martes, 26 de setembro de 2023

A BIBLIO XA ABRE POLAS TARDES

 


A nosa biblio ca que o EDLG colabora en todos os seus proxectos e actividades, xa está traballando no seu horario habitual de tardes. Os martes, mércores e xoves agardámosvos de 15.30 a 17.15 para o que precisedes.

luns, 25 de setembro de 2023


O EDLG do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro quere transmitirvos toda a enerxía e boa actitude neste curso que comezou fai escasos días. Que mellor forma que recordando todas as actividades realizadas o curso pasado na nosa edición número 22 da revista poleiro.