xoves, 23 de febreiro de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA


    Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Celanova quixeron homenaxear a nosa escritora máis ilustre fronte  ao seu mausoleo. Recitaron un fermoso poema adicado ao Pórtico da Gloria.

O sol poniente, polas vidreiras  
D'asoledade, lanza serenos
Rayos, que firen descoloridos
D'a Groria os anxeles y o Padre Eterno.

Santos e apóstoles, védeos! parecen
Qu'os labios moven, que falan quedo
Os uns e os outros, e aló n'altura
D'o cue a música vai dar començo,
Pois os groriosos concertadores
Tempran risoños os instrumentos.

Estarán vivos? serán de pedra?
Aqueles sembrantes tan verdadeiros,
aquelas túnicas maravillosas, 
aqueles ollos de vida cheos?
Vos qu'os fixeches de dios c'axuda
D'inmortal nome Mestre Mateo...

Aquí vos deixamos o enlace de tan emotivo momento.
Compartimos o podcast da fantástica entrevista realizada o día 9 de febreiro polo programa "Longitud de onda" de Radio Clásica ao artista gráfico Baldomero Moreiras, un artista moi querido por nós, sempre disposto a colaborar e dunha xenerosodade inmensa.

martes, 10 de xaneiro de 2023

COMER OU NON COMER THAT IS THE QUESTION

Comezamos con moita enerxía este 2023 presentando a nova campaña de Biblio "Comer ou non comer, that is the question" , no que o equipo EDLG do IES Celanova participa activamente.Comezaremos seleccionando materiais de moi gusto nos que conectaremos a gastronomía con outros placeres da vida comoa literatura, a música, a artes plásticas...e como non todo o realcionado co consumismo, a producción, a soberanía alimentaria e o desenvolvemento sotible. Aquí vos mostramos os primeiros materiais.

venres, 9 de decembro de 2022



O proxecto interdisciplinar música no mosteiro foi premiado con 1500 euros pola Consellería de educación. Se queredes ver o prexecto completo aquí vos deixamos o enlace

Música no Mosteiro

 Un ano máis fixémonos eco das numerosas mobilizacións en prol de erradicar a violencia machista: a educación é a clave para lograr ese obxectivo.

En colaboración coas institucións da vila, o resultado foi un acto emotivo e significativo, que agardamos non deixara a ninguén indiferente.

Aquí deixamos o álbum de fotos xenialmente atrapadas polo noso compañeiro Carlos Alonso. Picade na imaxe para velo completo.


 Todo o alumnado e profesorado do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro participaron nun emotivo acto celebrado no claustro Barroco contra a violencia de xénero. Aquí vos amosamos o vídeo resumo de tan fermoso acto.

xoves, 3 de novembro de 2022

O POLEIRO EXTENDE AS SÚAS ÁS

     A nosa biblio volve a ser noticia. Quedóusenos pequena e no artigo do 1 de novembro de 2022 explicamos a nosa expansión ao longo de toda a panda norte do claustro.

    A nosa Sala gótica para lectura informal quedou expectacular. E aquí podedes ver o resultado.