Sen dúbida o Intercambio con outros centros é a actividade con maior acollida de todas as que se realizan no curso polo departamento de EDLG. E por fin chegou o día...A nosa chegada estaba prevista para as 10:00h e estábamos desexosos de baixar do autobús para o encontro co alumndado e profesorado do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín.Sobre as 11:00 iniciamos o camiño hacia Carboeiro no que disfrutamos da visita guiada ó Mosteiro para proseguir o roteiro cara o paraíso das fervenzas do Toxa. Foron 6 Km de ruta na que compartimos charlas, risas e algunha que outra molladura.O tempo acompañounos durante todo o camiño. Pola tarde desprazámonos a visitar o recentemente restaurado Pazo de Liñares no que se atopa o museo do títere antes de partir de volta para Celanova.
Só espero que eles disfrutaran tanto desta convivencia coma nós e esperamos que o día 13 de Maio cando eles veñan a Celanova poder recibilos e tratalos tan ben como eles a nós. Agardamos a súa visita.
xoves, 14 de maio de 2015
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
INTERCAMBIO DO IES CELANOVA CO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA DE LALÍN