xoves, 2 de xuño de 2016

ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY


       Os alumnos do IES Celanova, disfrutaron dun encontró moi especial coa actriz ourensana Saamira Ganay, no que coñeceron máis de cerca o mundo do audiovisual galego, e no que tiveron a oportunidade de entrevistala, preguntándolle todo tipo de dúbidas acerca da súa vida profesional e persoal e sobre o que acontece tras 
das cámaras nunha rodaxe.
          Os alumnos disfrutaron moito das dúas horas de charla-coloquio que a verdade pasaron voando. Traballaron en equipo tratando de encontrar as cualidades que debe posuír un bo actor, e a través de vídeos explicativos e da propia experiencia persoal de Saamira, achegáronse ao lado máis escuro da profesión, moito traballo, moitos castings durísimos e moitos canditatos para moi pouco traballo.                                                                                               Gracias Saamira pola túa cercanía e simpatía.

I ENCONTROS EN CELANOVA COS ALUMNOS DE LALÍN


           Despois da boa experiencia que supuxo o ano pasado o Intercambio con IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, decidimos conxuntamente os departamentos de EDLG manter a tradición de reunirnos anualmente unha vez cada curso. E de ahí xurdiu a idea de crear os I Encontros co alumnado de Lalín.

          E unha vez máis a experiencia non defraudou.
         A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizaron distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine retablo de marabillas”
Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016.
Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel  acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. O rematar  a outra profesora de música  do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación as dúas profesoras interpretaron un ha obra para órgano a catro mans para rematare a visita ao órgano.
Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos.
Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.



venres, 6 de maio de 2016

RECIBIMOS Ó ALUMNADO DO IES DE MELIDE


         O intercambio cultural con outros centros é unha das actividades que o alumnado máis disfruta. Neste curso realizamos o intercambio  co IES de Melide.

        As 10.30 da mañán chegaron a Celanova. Os alumnos do IES  esperaron a chegada dos seus compañeiros na biblioteca donde os recibiron coa interpretación da BSO de Breaveheart en concordancia co proxecto da Biblioteca " O CINE"
       Posteriormente e despois de cargar enerxías cuns pinchos na cafetería, realizamos a visita guiada ó Mosteiro de San Salvador, clauatro barroco, Capela de San Miguel e coro gótico, onde o alumnado poido ver e escoitar de cerca o fermoso órgano da igrexa (S. XVIII)
      Xa pola tarde visitamos a casa familiar de Curros Enríquez, onde Paula nos acercou un pouco máis á figura deste ilustre celanovés.
       As 17.30 despedimos a alumnos e profes, esperando vernos o 30 de maio en Melide, aínda que non sabemos se será posible, debido o escasísimo presuposto  asignado ó EDLG
     


xoves, 31 de marzo de 2016


"As boas experiencias hai que repetilas", eso pensamos Pilar Espiño e mais eu cando decidimos organizar o II Encontro entro alumnado do IES Ramón María Aller Ulloa e o IES Celanova Celso Emilio Ferrreiro. A experiencia do ano pasado foi excepcional e esperamos que este ano se supere. O día 6 de Abril, iremos a Lalín coa intención de pasar un día inesquezible no seu marabilloso entorno e nunha inmellorable compañía. Ojalá o tempo nos acompañe!!!!!


          Iria da Mota Díaz, alumna de 3º ESO A foi a gañadora do Certame de Postais de Nadal. A súa postal foi portada do boletín informativo para as familias que realiza o centro no primeiro trimestre. Unha fermosa imaxe para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.
         Despois de moito esperar por fin Iria recibiu o seu premio. Só esperamos que a tardanza merecera a pena e que a partir de agora nos siga sorprendendo coa súa creatividade e talento. Felicidades Iria

         

MEMORIAS DUN DÍA ESPECIAL

Bos días!!!! Sinto a tardanza, pero entre exames, avaliacións e posteriores vacacións non tiven tempo de contarvos o día tan especial que pasamos en Ourense os alumnos de EDLG en compañía do alumnado do Club VIP de lectura da Biblioteca do IES Celanova.
O chegar a Ourense fixemos unha visita didáctica ó Conservatorio Profesional de Música, onde o alumnado coñeceu de primeira man o funcionamento do órgano de tubos gracias a explicación de Marisol Mendive, profesora titular de órgano do Conservatorio.





O acabar a visita didáctica ó Conservatorio demos un paseo ata o centro da cidade dirixíndonos ó Teatro Principal de Ourense, onde disfrutamos da obra "Variedades" realizada e interpretada polos alumnos do IES de Melide, Palas de Rei e A Estrada. Só me falta felicitar a todos os alumnos que participaron de este espectáculo e por suposto o seu profe por realizar un excelente traballo.         

martes, 16 de febreiro de 2016

Os alumnos de normalización lingüística do IES Celanova acudirán ó Teatro Principal de Orense acompañados polos alumnos do club VIP de Lectura da Biblioteca do Centro. A obra titúlase "Variedades" 

SINOPSE
A través dunha viaxe ó universo da creatividade, da fantasía e do humor, créase dunha forma coral o espectáculo VARIEDADES, unha obra que invita aos espectadores a reflexionar sobre a complexidade das relacións entre as persoas en diferentes etapas da súa experiencia vital: infancia, adolescencia e madurez
Mediante a colaboración dos integrantes das diferentes Aulas de Teatro de Palas de Rei, A Estrada,e Melide transítase polo mundo da emoción, da sensibilidade e do humor e abórdanse  temas de actualidade que preocupan e interesan á xuventude e os adultos. Aparecen, así, ao largo do espectáculo reflexións sobre a violencia de xénero, o cambio climático, as consecuencias negativas da agresividade, as posibilidades e perigos das novas tecnoloxías, a problemática do mercado laboral, a realidade das persoas máis desfavorecidas,á discriminación por motivos de raza, xénero u crenzas..
Trátase dunha obra composta por varias esceas independentes elaboradas en horario extraescolar por alumnos de idades comprendidas entre os 10 e os 21 anos, coa finalidade de educar, madurar e integrar tódaslas realidades sociais.