venres, 20 de abril de 2018

XXX CERTAME DE RELATO BREVE CELSO EMILIO FERREIRO

O IES Celanova celebra a súa XXX edición do certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Os alumnos participantes deberán realizar un relato que non sobrepase as tres follas de duración sobre a temática do proxecto anual de Biblioteca "Guerra e paz". O gañador do certame recibirá un premio de 100 euros en efectivo. Animamos a todo o alumnado a participar!!Moita sorte a todos!!!


                                                     

venres, 16 de febreiro de 2018

CELEBRAMOS O DÍA PAZ


Os alumnos do IES Celanova, celebraron un acto poético o pasado 30 de Xaneiro para conmemorar o día da Paz. A actividade consistiu no recitado de poemas en distintas linguas de temática da guerra. Esta actividade inclúese dentro do proxecto anual de Biblioteca "Guerra e Paz". Previamente na hora de lectura o alumnado preparou unha escolma de poemas seleccionados polos profesores de Lingua Castelá, Lingua Galega e EDLG. Posteriormente escribiron nun folio de color o fragmento que más lles chamou a atención, elaborando unha paxariña de papel que eles mesmos colocaron no taboleiro. Foi un acto sobrio, intenso, cargado de sentimentos contidos polo dramatismo dos textos excepcionalmente seleccionados.

luns, 22 de xaneiro de 2018

GALICIA MÁXICA






mércores, 28 de xuño de 2017

REVISTA POLEIRO 2017




                                                           REVISTA POLEIRO 2017
        Non puiden evitar emocionarme o outro día ó escoitar unha fermosa canción, chea de alma, de sentimento, de orgullo pola lingua. É unha esperanza para nós os galegos comprobar que a música de calidade na nosa lingua pode ter futuro, aínda fóra das nosas fronteiras. Gracias Portugal por facernos sentir e facernos soñar.



martes, 16 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

                 Este ano o día das letras galegas homenaxea a Carlos Casares, un escritor comprometido co seu tempo e unha das figuras máis relevantes da literatura galega das últimas décadas do século XX. Un autor de obra perdurable e mensaxe atemporal. Un escritor capaz de converter o vulgar en nobre e o transcendente en normal
                A súa recoñecida traxectoria déixanos obras tan importantes como "A galiña azul”, que o convertiu en pioneiro da literatura infantil; “Xoguetes para un tempo prohibido”, co que gañou o Premio Galaxia e do da crítica da narrativa galega da Asociación Española de críticos literarios; “Ilustrísima” co que foi homenaxeado co premio Crítica Galega; o"O Sol de verán" e outras xoias literarias que o fan máis que mercedor desta homenaxe.   









martes, 14 de marzo de 2017

ESCRITORES GALEGOS NA EMIGRACIÓN

Ola a todos!!! Ben sei que levabamos un tempo desaparecidos, pero non parados, e por fin xa podemos presentar algúns dos traballos realizados por alumnos de 1º e 3º de ESO sobre os nosos autores máis célebres que estiveron na emigración ou no exilio por motivos políticos. Este traballo forma parte do proxecto anual da Biblioteca "A Ollada do outro"