martes, 11 de decembro de 2018
CELANOVA SEGUE A SER TERRA DE POETAS
Posted by EDLGPOLEIRO on 02:39
Onte foi un día fermoso.
Moitas veces, os docentes sempre andamos a queixarnos de que hai pouca disciplina, de que os alumnos non traballan e un longo etc...Pero ás veces, ocorren pequenas cousas que fan que o túa ilusión permaneza intacta. Onte un alumno de 3º ESO C, Alexandre Corbillón mostroume con toda a ilusión do mundo uns poemas compostos por él, onde se pode apreciar non só unha correcta escritura, senón unha inmensa sensibilidade. Este post para min e moito máis que o recoñecemento ao seu traballo, é un sincero agradecemento, é unha chamada de atención de que o talento está por ahí solto e nós como docentes temos que encontralo e potencialo. Moitas grazas Alexandre.
Ergo a mirada,
comezando a deixarme levar
a ritmo de senza misura lenta.
Tal vez esa noite se o meu corazón cego,
non quedara esparexido polos ventos,
s
e non morrera para darlle vida ao amor,
tal vez, tal vez non o faría.
Camiñando perigosamente como un trapecista,
Polas cordas do desexo,
sen ter en conta a caída.
Mirando ó frente corro hacia o vacío
sentindo medo e raiba,
sentindo amor e morriña
dou un pulo na cornixa,
o meu corpo escacha o ar
crebando o silencio.
Sentinme libre como nunca,
os pensamentos quedaran na cornixa,
liberándome do teu amor,
enxoitando co selo da morte.
Malec Corbillón
Canto máis quero olvidarte,
máis te recordo,
canto máis quero alonxarme,
máis perto te teño,
e é que canto máis quero odiarte
máis te amo.
Malec Corbillón
Sen ser doado
É dificil non berrarlle ao ceo con bágoas nos ollos,
cando sabes que xa non poderás estar con el
É dificil durmirse entre bagullas e recordos que
sempre estarán ferindo o teu corazón.
É dificil mantela calma e acougar cando sabes que
unha pedra sempre afundirá no mar.
É dificil non pensar nesa persoa a quen máis amamos
e pola que daríamolo todo por vela feliz,
aunque esa ledicia implicase non poder estar ao seu carón
xamais.
Malec Corbillón
Bágoas
Coa mirada perdida nunha noite xorda e cega,
chea de recordos que recheaban con sentimento as
pingas de auga que que se botaban ao suicidio
esvarando polas miñas meixelas ata acabaren
caendo a almofada, creando un estalido que rompía
o silencio que envolvía o cuarto, bagoas que deixaban
o meu corazón enxoito.
Malec Corbillón
venres, 30 de novembro de 2018
25 N. DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:34
O 25 de Novembro celebrouse o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, e no IES Celanova celebrouse cun acto moi emotivo, no que alumnos e profesores uniron a súa voz en contra desta lacra social. A representación consistía en tornar unha árbore oscura e de dor noutra chea de cor, representando o amor e vida. O acto foi o resultado de semanas traballando cos alumnos nas aulas, tanto na construcción da árbore como na elaboración dos manifestos que leron os rapaces. Todo isto amenizado coa interpretación da obra "Ensueño" de Schumman, a cargo de dúas alumnas ao clarinete, e co interpretación dunha canción "Hay algo en mí" cunha letra moi comprometida coa causa. No segunte vídeo podedes ver o resultado do noso traballo
martes, 23 de outubro de 2018
"ONDE O MUNDO AÍNDA SE CHAMA CELANOVA"
Posted by EDLGPOLEIRO on 02:32
Este ano como novidade o EDLG do IES Celanova participa no Plan Proxecta no programa " Proxecto didáctico Antonio Fraguas".
Este proxecto
nace da necesidade de que o alumnado coñeza en profundidade e valore o
patrimonio cultural, artístico, etnográfico e lingüístico da vila de Celanova e a súa contorna máis próxima.
Celanova posúe unha riqueza cultural inmensa en moitos ámbitos que os alumnos e
as súas familias descoñecen. Este é un proxecto para toda a comunidade
educativa; alumnos, profesores de distintas materias e familias participarán activamente
nas distintas actividades incluídas nesta fermosa viaxe cultural e literaria
pola vila de Celanova.
O punto de
partida será o propio centro, xa que o IES Celanova ocupa un edificio
histórico, cunhas dependencias de obrigado coñecemento por parte do alumado. A
partir de aquí continuaremos co noso traballo de investigación de cada recuncho
de interese da vila, todo iso acompañado polas verbas dos nosos ilustres
escritores e cos sons dos tubos do espectacular órgano barroco.
As actividades que se realizarán co alumnado abranguen distintas materias e
temas transversais (Historia, Arte, Música, Debuxo, Lingua e literatura
galega…). A busca de información sobre o noso patrimonio cultural e literario incluíndo
o propio centro será supervisada pola coordinadora co fin de elaborar un roteiro
literario e artístico polas rúas de Celanova. Este roteiro estará incluído no
vídeo documental protagonizado polos alumnos que se converterán en profesionais
guías turísticos amosando os bens patrimoniais da comarca. Tamén se recopilarán
refráns, lendas e todo tipo de historias de distintas zonas na comarca, e que
motivarán aos alumnos a relacionarse con xente de distintas xeracións, os avós
e bisavós son unha fonte de sabiduría popular.
Para dar a coñecer a riqueza
literaria de Celanova o alumnos farán unha escolma de textos que fagan mención
na súa obra á Terra de Celanova e o seu patrimonio.
Da man do departamento de
música coñeceremos o órgano de Celanova. Os alumnos de música explicarán no
vídeo documental o funcionamento do órgano e o valor do Coro gótico e os seus
facistoles. Tamén amosaremos os instrumentos representados dentro da igrexa e
do propio coro.
luns, 8 de outubro de 2018
REVISTA POLEIRO 2018
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:18
Comezamos o novo curso con moita ilusión e con moitos proxectos en mente que esperamos poder levar a cabo na súa totalidade. Queríamos dedicar o noso primeiro post ao último exemplar da Revista Poleiro, realizada polo EDLG durante o curso 2017/18. Esperamos que a gocedes e valoredes todo o traballo realizado nas súas páxinas.
xoves, 10 de maio de 2018
VIAXE A BRAGA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO.
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:23
O 7 de maio de 2018 alumnado do 1.º ciclo da ESO realizaron unha visita á cidade de Braga. Nela realizaron un roteiro no que visitaron, entre outros, o Arco da Porta Nova, a Sé de Braga, a Praça do Município, o Jardim de Santa Bárbara, a Casa dos Crivos e Praça da República.
CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO NO IES CELANOVA
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:07
Durante a semana do 23 de abril profesores e alumnos realizaron nas súas aulas numerosas actividades relacionadas coa lectura. O resultado deste traballo podédelo ver neste vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









23 DE FEBREIRO 2019 DÍA DE ROSALÍA.