viernes, 21 de octubre de 2016
OUTONO DAS LETRAS
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:46
Xa estamos de volta!!!!O EDLG do IES Celanova xa está traballando en novos proxectos e actividades nas que os alumnos e profesores do centro se impliquen como ata agora ou máis no uso do galego falado e escrito, nas aulas e fóra delas.
Por iso estamos a preparar o noso particular Outono da Lingua, onde os alumnos exporán no taboleiro de EDLG as súas redaccións, poemas propios e poemas de autor cunha temática común: o outono en tódalas súas facetas: fermosas paisaxes, festas populares, gastronomía...
En breve xa vos poderemos amosar o resultado.
Por iso estamos a preparar o noso particular Outono da Lingua, onde os alumnos exporán no taboleiro de EDLG as súas redaccións, poemas propios e poemas de autor cunha temática común: o outono en tódalas súas facetas: fermosas paisaxes, festas populares, gastronomía...
En breve xa vos poderemos amosar o resultado.
Chega o outono
O outono chega moi calado
co seu vestido marrón,
levantando un aire fresco
e anunciando a súa estación.
Dinos adeus o verán
chove e chove sen parar
as árbores sen follas
peladiñas quedarán.
O outono ten un pincel
que pinta o campo dourado,
as nubes as pinta de gris
e o sol píntao de nublado.
Os paxaros en bandada
voan hacia outro lugar
porque teñen moito frío
e aquí non poden piar.
PERDIDO NOS RECORDOS
Xoán
púxose a camiñar costa arriba cara á praza principal do pobo. Ía unha tarde
fresca, xa que estaban case a mediados de novembro, e non dubidou en poñerse
abrigo.
O
sitio estaba animado, xa que ese día celebrábase o magosto no lugar.
Avanzaba
o rapaz en absoluta tranquilidade, cando de súpeto, divisou a dúas persoas
encarapuchadas e cunha indumentaria completamente negra, que se metían con
celeridade por unha canella intransitada.
Extrañado
e en parte asustado, rememorou os feitos con extrema cautela. O medo fixo que
arribara antes de tempo nun improvisado lugar, esperando a que pasase o
temporal.
En
poco tempo chegou a praza, e alí si que xa non habería problemas, dado que
estaba ateigada de xente.
Nunha
beira estaban uns axudantes, que case non daban feito, e no resto do espazo,
xente a rebosar de ledicia.
Algúns
cantaban e bailaban ao son dunha música da que Xoán descoñecía o procedencia;
outros comían e outros conversaban.
O
rapaz divisou aos seus amigos entre a multitude e púxose a camiñar cara eles,
cando de súpeto, un vehículo negro apareceu. Del saíron os dous encarapuchados,
que tiraron (coido que era unha mochila), a cadanseu lado.
A
partir dese momento, non hai máis recordos.
David Pereira Rodríguez 3º ESO B
O outono da vida
Ai o outono!!!
de follas vermellas, amarelas
e laranxas.
Ti que as árbores ispes
e engalanas os camiños como
uns interminables
sendeiros de lume baixo,
tempo de frío e festas sen
fin.
As páxinas do teu libro,
todo o mundo ás recolle para
os seus versos ler.
Cando remata o poema da túa
vida
Comeza o outono a desaparecer
Cristopher Vadir Alonso Castro
1º ESO A
As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.
Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.
Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.
Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan
co vento
todos collidos
da man.
Antonio García Teijeiro
Ven onda nós o outono
da cabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas
estrando friaxe
Ana Mª Fernández "Ondas de verde e azul" Xerais
da cabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas
estrando friaxe
Ana Mª Fernández "Ondas de verde e azul" Xerais
OS CAMIÑOS
Fas coas follas camiños,
con cores fas sentimentos
Fas caer os froitos da terra
e nos ofreces os que tes dentro
Ti coidas fermosas paisaxes
que nos regalan poesía e cor
que se visten coas follas
para poder sentir a súa calor
Don carballo chora landras
na amencida.
E don Outono baballa
néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.
Helena Villar e Xesús."Dona e Don"
Árbore-Galaxia
jueves, 2 de junio de 2016
XXVII CERTAME DE RELATO BREVE CELSO EMILIO FERREIRO
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:18
Xa está en marcha o XXVIII Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Os alumnos do centro terán ata o 15 d Xuño para entregar os seus relatos que como tódolos anos xira en torno a campaña de dinamizacón da Biblioteca que este ano é "O cine, retablo de marabillas". Esperamos unha alta participación e que gane o mellor.
Posted in actividade
MANUEL MARÍA. HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS 2016
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:17
Este ano 2016 o homenaxeado no día das letras galegas é o escritor lucense Manuel María.
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rey o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas elección municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro. En 1982 , Abandonou a militancia política do BNG para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003 pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".
Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, o arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, o mundo animal Dedícaselle o Día das letras galegas de 2016
“ Galicia é unha nai Galicia somos nós
Velliña, soñadora a xente e maila fala,
na voz da gaita rise se buscas a Galicia
na voz da gaita chora en ti tes que atopala” “Os soños na gaiola”
ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY
Posted by EDLGPOLEIRO on 2:30

das cámaras nunha rodaxe.
Os alumnos disfrutaron moito das
dúas horas de charla-coloquio que a verdade pasaron voando. Traballaron en
equipo tratando de encontrar as cualidades que debe posuír un bo actor, e a través de vídeos explicativos e da propia experiencia persoal de Saamira, achegáronse ao lado máis escuro da profesión, moito traballo, moitos castings durísimos e moitos canditatos para moi pouco traballo. Gracias Saamira pola túa cercanía e simpatía.
Posted in actividade
I ENCONTROS EN CELANOVA COS ALUMNOS DE LALÍN
Posted by EDLGPOLEIRO on 2:13

Despois da boa experiencia que supuxo o ano pasado o Intercambio con IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, decidimos conxuntamente os departamentos de EDLG manter a tradición de reunirnos anualmente unha vez cada curso. E de ahí xurdiu a idea de crear os I Encontros co alumnado de Lalín.
E unha vez máis a experiencia non defraudou.
A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizaron distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine retablo de marabillas”
Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016.
Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. O rematar a outra profesora de música do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación as dúas profesoras interpretaron un ha obra para órgano a catro mans para rematare a visita ao órgano.
Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos.
Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.
Posted in actividade
viernes, 6 de mayo de 2016
RECIBIMOS Ó ALUMNADO DO IES DE MELIDE
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:11

O intercambio cultural con outros centros é unha das actividades que o alumnado máis disfruta. Neste curso realizamos o intercambio co IES de Melide.
As 10.30 da mañán chegaron a Celanova. Os alumnos do IES esperaron a chegada dos seus compañeiros na biblioteca donde os recibiron coa interpretación da BSO de Breaveheart en concordancia co proxecto da Biblioteca " O CINE"
Posteriormente e despois de cargar enerxías cuns pinchos na cafetería, realizamos a visita guiada ó Mosteiro de San Salvador, clauatro barroco, Capela de San Miguel e coro gótico, onde o alumnado poido ver e escoitar de cerca o fermoso órgano da igrexa (S. XVIII)
Xa pola tarde visitamos a casa familiar de Curros Enríquez, onde Paula nos acercou un pouco máis á figura deste ilustre celanovés.
As 17.30 despedimos a alumnos e profes, esperando vernos o 30 de maio en Melide, aínda que non sabemos se será posible, debido o escasísimo presuposto asignado ó EDLG
Posted in actividade
jueves, 31 de marzo de 2016
VOLVEMOS A LALÍN!!! AS BOAS EXPERIENCIAS HAI QUE REPETILAS!!!
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:40
"As boas experiencias hai que repetilas", eso pensamos Pilar Espiño e mais eu cando decidimos organizar o II Encontro entro alumnado do IES Ramón María Aller Ulloa e o IES Celanova Celso Emilio Ferrreiro. A experiencia do ano pasado foi excepcional e esperamos que este ano se supere. O día 6 de Abril, iremos a Lalín coa intención de pasar un día inesquezible no seu marabilloso entorno e nunha inmellorable compañía. Ojalá o tempo nos acompañe!!!!!
Posted in actividade
A GAÑADORA DO CERTAME DE POSTAIS DE NADAL...POR FIN RECIBE O SEU PREMIO
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:23
Iria da Mota Díaz, alumna de 3º ESO A foi a gañadora do Certame de Postais de Nadal. A súa postal foi portada do boletín informativo para as familias que realiza o centro no primeiro trimestre. Unha fermosa imaxe para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.
Despois de moito esperar por fin Iria recibiu o seu premio. Só esperamos que a tardanza merecera a pena e que a partir de agora nos siga sorprendendo coa súa creatividade e talento. Felicidades Iria

MEMORIAS DUN DÍA ESPECIAL
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:11
O chegar a Ourense fixemos unha visita didáctica ó Conservatorio Profesional de Música, onde o alumnado coñeceu de primeira man o funcionamento do órgano de tubos gracias a explicación de Marisol Mendive, profesora titular de órgano do Conservatorio.

martes, 16 de febrero de 2016
OS ALUMNOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA VAN Ó TEATRO EN BOA COMPAÑÍA.
Posted by EDLGPOLEIRO on 5:21
Os alumnos de normalización lingüística do IES Celanova acudirán ó Teatro Principal de Orense acompañados polos alumnos do club VIP de Lectura da Biblioteca do Centro. A obra titúlase "Variedades"
Posted in actividade
jueves, 14 de enero de 2016
AS BÁGOAS DUN NENO LABREGO. ADEUS A NEIRA VILAS
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:02
O escritor Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928), autor de Memorias
dun neno labrego, a obra máis vendida e traducida de la literatura
gallega, faleceu o vernes 27 de Novembro do 2015 na súa casa de Vila de Cruces.
"Eu son Balbino.
Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre",a primeira frase de Memorias
dun neno galego, e, quizáis, unha das máis repetidas da literatura
galega, e a que acompañou á infancia de varias xeracións de nenos
de Galiza. Este venres, desde que se deu a coñocer a súa morte, a nosa
literatura sinte un grande pesar, ese valeiro que só deixan os grandes.
A longa traxectoria de Xosé Neira Vilas pasa polo ensaio, a novela, o periodismo e a poesía e, polo seu intenso traballo de máis de 50 obras e o seu activismo en defensa da lingua galega, recibindo nos últimos anos múltiples homenaxes. Este mismo 2015 concedéronlle a medalla de Ouro de Galicia, máxima distinción do Gobierno galego.
A súa gran obra Memorias dun neno labrego foi o primeiro best seller da literatura galega, está
considerada como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego,
pero as súas fronteiras non se quedaron en Galiza, senón que desde a súa
publicación en 1961 traduciuse a 15 idiomas, e levaba o
pasado verán 600.000 exemplares vendidos.
En 1961, ano da publicación del famoso Memorias
dun neno labrego, emigrou a A Habana y alí especializouse en periodismo
literario
A súa actividade
cultural e literaria seguiu moi activa a pesar da súa idade ata a
súa morte o venres 27 de Novembro de 2015.
Desde 1992 vivía de novo en Galiza na
su casa natal de Vila de Cruces creando a Fundación que leva o seu nome, gran dinamizadora cultural e lingüística.

"Eu son Balbino.
Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre",a primeira frase de Memorias
dun neno galego, e, quizáis, unha das máis repetidas da literatura
galega, e a que acompañou á infancia de varias xeracións de nenos
de Galiza. Este venres, desde que se deu a coñocer a súa morte, a nosa
literatura sinte un grande pesar, ese valeiro que só deixan os grandes.
A longa traxectoria de Xosé Neira Vilas pasa polo ensaio, a novela, o periodismo e a poesía e, polo seu intenso traballo de máis de 50 obras e o seu activismo en defensa da lingua galega, recibindo nos últimos anos múltiples homenaxes. Este mismo 2015 concedéronlle a medalla de Ouro de Galicia, máxima distinción do Gobierno galego.
A súa gran obra Memorias dun neno labrego foi o primeiro best seller da literatura galega, está
considerada como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego,
pero as súas fronteiras non se quedaron en Galiza, senón que desde a súa
publicación en 1961 traduciuse a 15 idiomas, e levaba o
pasado verán 600.000 exemplares vendidos.
En 1961, ano da publicación del famoso Memorias
dun neno labrego, emigrou a A Habana y alí especializouse en periodismo
literario
A súa actividade
cultural e literaria seguiu moi activa a pesar da súa idade ata a
súa morte o venres 27 de Novembro de 2015.
Desde 1992 vivía de novo en Galiza na
su casa natal de Vila de Cruces creando a Fundación que leva o seu nome, gran dinamizadora cultural e lingüística.
Posted in actividade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
REVISTA POLEIRO 2016