martes, 11 de diciembre de 2018

CELANOVA SEGUE A SER TERRA DE POETAS

Onte foi un día fermoso. Moitas veces, os docentes sempre andamos a queixarnos de que hai pouca disciplina, de que os alumnos non traballan e un longo etc...Pero ás veces, ocorren pequenas cousas que fan que o túa ilusión permaneza intacta. Onte un alumno de 3º ESO C, Alexandre Corbillón mostroume con toda a ilusión do mundo uns poemas compostos por él, onde se pode apreciar non só unha correcta escritura, senón unha inmensa sensibilidade. Este post para min e moito máis que o recoñecemento ao seu traballo, é un sincero agradecemento, é unha chamada de atención de que o talento está por ahí solto e nós como docentes temos que encontralo e potencialo. Moitas grazas Alexandre.






 Derradeira noite
Ergo a mirada, comezando a deixarme levar
 a ritmo de senza misura lenta.
 Tal vez esa noite se o meu corazón cego, 
non quedara esparexido polos ventos, s
e non morrera para darlle vida ao amor, 
tal vez, tal vez non o faría. 

 Camiñando perigosamente como un trapecista, 
Polas cordas do desexo, 
sen ter en conta a caída.

 Mirando ó frente corro hacia o vacío 
sentindo medo e raiba, 
sentindo amor e morriña 
dou un pulo na cornixa, 
o meu corpo escacha o ar 
crebando o silencio. 

 Sentinme libre como nunca, 
os pensamentos quedaran na cornixa,
 liberándome do teu amor, 
enxoitando co selo da morte. 

 Malec Corbillón 

 Canto máis quero olvidarte, 
máis te recordo, 
canto máis quero alonxarme,
máis perto te teño, 
e é que canto máis quero odiarte
 máis te amo. 

 Malec Corbillón 

 Sen ser doado

 É dificil non berrarlle ao ceo con bágoas nos ollos, 
 cando sabes que xa non poderás estar con el 

 É dificil durmirse entre bagullas e recordos que
 sempre estarán ferindo o teu corazón. 

 É dificil mantela calma e acougar cando sabes que
 unha pedra sempre afundirá no mar. 

 É dificil non pensar nesa persoa a quen máis amamos
 e pola que daríamolo todo por vela feliz, 
aunque esa ledicia implicase non poder estar ao seu carón
xamais. 

 Malec Corbillón 

 Bágoas
 Coa mirada perdida nunha noite xorda e cega,
 chea de recordos que recheaban con sentimento as 
pingas de auga que que se botaban ao suicidio
 esvarando polas miñas meixelas ata acabaren 
caendo a almofada, creando un estalido que rompía 
o silencio que envolvía o cuarto, bagoas que deixaban 
o meu corazón enxoito. 

 Malec Corbillón


viernes, 30 de noviembre de 2018

O 25 de Novembro celebrouse o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, e no IES Celanova celebrouse cun acto moi emotivo, no que alumnos e profesores uniron a súa voz en contra desta lacra social. A representación consistía en tornar unha árbore oscura e de dor noutra chea de cor, representando o amor e vida. O acto foi o resultado de semanas traballando cos alumnos nas aulas, tanto na construcción da árbore como na elaboración dos manifestos que leron os rapaces. Todo isto amenizado coa interpretación da obra "Ensueño" de Schumman, a cargo de dúas alumnas ao clarinete, e co interpretación dunha canción "Hay algo en mí" cunha letra moi comprometida coa causa. No segunte vídeo podedes ver o resultado do noso traballo

martes, 23 de octubre de 2018

"ONDE O MUNDO AÍNDA SE CHAMA CELANOVA"

          Este ano como novidade o EDLG do IES Celanova participa  no Plan Proxecta no programa      " Proxecto didáctico Antonio Fraguas".

     Este proxecto nace da necesidade de que o alumnado coñeza en profundidade e valore o patrimonio cultural, artístico, etnográfico e lingüístico da vila  de Celanova e a súa contorna máis próxima. Celanova posúe unha riqueza cultural inmensa en moitos ámbitos que os alumnos e as súas familias descoñecen. Este é un proxecto para toda a comunidade educativa; alumnos, profesores de distintas materias e familias participarán activamente nas distintas actividades incluídas nesta fermosa viaxe cultural e literaria pola vila de Celanova.
       O punto de partida será o propio centro, xa que o IES Celanova ocupa un edificio histórico, cunhas dependencias de obrigado coñecemento por parte do alumado. A partir de aquí continuaremos co noso traballo de investigación de cada recuncho de interese da vila, todo iso acompañado polas verbas dos nosos ilustres escritores e cos sons dos tubos do espectacular órgano barroco.
        As actividades que se realizarán co alumnado abranguen distintas materias e temas transversais (Historia, Arte, Música, Debuxo, Lingua e literatura galega…). A busca de información sobre o noso patrimonio cultural e literario incluíndo o propio centro será supervisada pola coordinadora co fin de elaborar un roteiro literario e artístico polas rúas de Celanova. Este roteiro estará incluído no vídeo documental protagonizado polos alumnos que se converterán en profesionais guías turísticos amosando os bens patrimoniais da comarca. Tamén se recopilarán refráns, lendas e todo tipo de historias de distintas zonas na comarca, e que motivarán aos alumnos a relacionarse con xente de distintas xeracións, os avós e bisavós son unha fonte de sabiduría popular.
         Para dar a coñecer a riqueza literaria de Celanova o alumnos farán unha escolma de textos que fagan mención na súa obra á Terra de Celanova e o seu patrimonio.
         Da man do departamento de música coñeceremos o órgano de Celanova. Os alumnos de música explicarán no vídeo documental o funcionamento do órgano e o valor do Coro gótico e os seus facistoles. Tamén amosaremos os instrumentos representados dentro da igrexa e do propio coro.






lunes, 8 de octubre de 2018

REVISTA POLEIRO 2018

              Comezamos o novo curso con moita ilusión e con moitos proxectos en mente que esperamos poder levar a cabo na súa totalidade. Queríamos dedicar o noso primeiro post ao último exemplar da  Revista Poleiro, realizada polo EDLG durante o curso 2017/18. Esperamos que a gocedes e valoredes todo o traballo realizado nas súas páxinas.


                                                            REVISTA POLEIRO 2018

jueves, 10 de mayo de 2018

VIAXE A BRAGA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO.

O 7 de maio de 2018 alumnado do 1.º ciclo da ESO realizaron unha visita á cidade de Braga. Nela realizaron un roteiro no que visitaron, entre outros, o Arco da Porta Nova, a Sé de Braga, a Praça do Município, o Jardim de Santa Bárbara, a Casa dos Crivos e Praça da República.






CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO NO IES CELANOVA

Durante a semana do 23 de abril profesores e alumnos realizaron nas súas aulas numerosas actividades relacionadas coa lectura. O resultado deste traballo podédelo ver neste vídeo.




O día 20 de Abril recibimos en Celanova aos alumnos e profesores do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela. O trato recibido da súa parte cando nós visitamos Santiago foi inmellorable, así que desexamos estar á altura e ser uns anfitrións de excepción.
A noso percorrido comezou ca visita guiada ao Mosteriro de San Salvador de Celanova, a Capela de San Miguel e a Igrexa Barroca. Ao rematar subimos ao coro gótico da igrexa onde a profesora de música do IES Celanova explicou nun concerto didáctico o funcionamento do órgano e o seu valor artístico e musical. 
Unha vez rematada a visita ao mosteiro por fin coñeceron o noso fermoso centro e quedaron abraiados polas instalacións fundamentalmente a  Biblioteca, onde os alumnos de 2º de ESO A os recibiron cunha breve actuación musical.
Despois dun breve descanso para comer, á tarde visitamos Vilanova dos Infantes.






Os alumnos de 1º da ESO do IES Celanova viaxaron a Santiago de Compostela o día 20 de marzo para coñecer aos compañeiros do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela cos que previamente tiveron contacto por carta. Recibíronos con moita xentileza, ofrecendo seu alumnado un pequeno recital de música e danza tradicional e invitándonos a unha pequena merenda, que boa falta nos faría, para coller enerxía para o día cargado de actividades culturais que tiñamos por diante. O noso primeiro destino foi a Cidade da cultura de Galicia, á que chegamos andando despois dun recorrido a pé atravesando o monte de Galicia. Alí coñecemos toda a peculiar arquitectura da Cidade da Cultura e a súa Biblioteca.
Despois dun breve descanso para comer proseguimos a nosa ruta cunha visita excepcional ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, e posteriormente ao seu exterior para coñecer as fermosas fachadas da Catedral e as súas características.











viernes, 20 de abril de 2018

O IES Celanova celebra a súa XXX edición do certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Os alumnos participantes deberán realizar un relato que non sobrepase as tres follas de duración sobre a temática do proxecto anual de Biblioteca "Guerra e paz". O gañador do certame recibirá un premio de 100 euros en efectivo. Animamos a todo o alumnado a participar!!Moita sorte a todos!!!


                                                     

viernes, 16 de febrero de 2018

CELEBRAMOS O DÍA PAZ


Os alumnos do IES Celanova, celebraron un acto poético o pasado 30 de Xaneiro para conmemorar o día da Paz. A actividade consistiu no recitado de poemas en distintas linguas de temática da guerra. Esta actividade inclúese dentro do proxecto anual de Biblioteca "Guerra e Paz". Previamente na hora de lectura o alumnado preparou unha escolma de poemas seleccionados polos profesores de Lingua Castelá, Lingua Galega e EDLG. Posteriormente escribiron nun folio de color o fragmento que más lles chamou a atención, elaborando unha paxariña de papel que eles mesmos colocaron no taboleiro. Foi un acto sobrio, intenso, cargado de sentimentos contidos polo dramatismo dos textos excepcionalmente seleccionados.

lunes, 22 de enero de 2018

GALICIA MÁXICA