O 7 de maio de 2018 alumnado do 1.º ciclo da ESO realizaron unha visita á cidade de Braga. Nela realizaron un roteiro no que visitaron, entre outros, o Arco da Porta Nova, a Sé de Braga, a Praça do Município, o Jardim de Santa Bárbara, a Casa dos Crivos e Praça da República.
jueves, 10 de mayo de 2018
CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO NO IES CELANOVA
Posted by EDLGPOLEIRO on 4:07
Durante a semana do 23 de abril profesores e alumnos realizaron nas súas aulas numerosas actividades relacionadas coa lectura. O resultado deste traballo podédelo ver neste vídeo.
OS ALUMNOS E PROFESORES DO LAMAS DE ABADE DEVOLVEN A VISITA
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:59
O día 20 de Abril recibimos en Celanova aos alumnos e profesores do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela. O trato recibido da súa parte cando nós visitamos Santiago foi inmellorable, así que desexamos estar á altura e ser uns anfitrións de excepción.
A noso percorrido comezou ca visita guiada ao Mosteriro de San Salvador de Celanova, a Capela de San Miguel e a Igrexa Barroca. Ao rematar subimos ao coro gótico da igrexa onde a profesora de música do IES Celanova explicou nun concerto didáctico o funcionamento do órgano e o seu valor artístico e musical.
Unha vez rematada a visita ao mosteiro por fin coñeceron o noso fermoso centro e quedaron abraiados polas instalacións fundamentalmente a Biblioteca, onde os alumnos de 2º de ESO A os recibiron cunha breve actuación musical.
Despois dun breve descanso para comer, á tarde visitamos Vilanova dos Infantes.
INTERCAMBIO DO IES CELANOVA-IES LAMAS DE ABADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Posted by EDLGPOLEIRO on 3:43
Os alumnos de 1º da ESO do IES Celanova viaxaron a Santiago de Compostela o día 20 de marzo para coñecer aos compañeiros do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela cos que previamente tiveron contacto por carta. Recibíronos con moita xentileza, ofrecendo seu alumnado un pequeno recital de música e danza tradicional e invitándonos a unha pequena merenda, que boa falta nos faría, para coller enerxía para o día cargado de actividades culturais que tiñamos por diante. O noso primeiro destino foi a Cidade da cultura de Galicia, á que chegamos andando despois dun recorrido a pé atravesando o monte de Galicia. Alí coñecemos toda a peculiar arquitectura da Cidade da Cultura e a súa Biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VIAXE A BRAGA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO.