jueves, 2 de junio de 2016

Xa está en marcha o XXVIII Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Os alumnos do centro terán ata o 15 d Xuño para entregar os seus relatos que como tódolos anos xira en torno a campaña de dinamizacón da Biblioteca que este ano é "O cine, retablo de marabillas". Esperamos unha alta participación e que gane o mellor.
              Este ano 2016 o homenaxeado no día das letras galegas é o escritor lucense Manuel María.
              Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rey o 6 de outubro de 1929  e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
             Nas elección municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro. En 1982 , Abandonou a militancia política do BNG para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003 pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".
Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, o arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, o mundo animal  Dedícaselle o Día das letras galegas de 2016
                “ Galicia é unha nai                  Galicia somos nós
                   Velliña, soñadora                   a xente e maila fala,
                  na voz da gaita rise                 se buscas a Galicia
                  na voz da gaita chora            en ti tes que atopala”               “Os soños na gaiola”



ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY


       Os alumnos do IES Celanova, disfrutaron dun encontró moi especial coa actriz ourensana Saamira Ganay, no que coñeceron máis de cerca o mundo do audiovisual galego, e no que tiveron a oportunidade de entrevistala, preguntándolle todo tipo de dúbidas acerca da súa vida profesional e persoal e sobre o que acontece tras 
das cámaras nunha rodaxe.
          Os alumnos disfrutaron moito das dúas horas de charla-coloquio que a verdade pasaron voando. Traballaron en equipo tratando de encontrar as cualidades que debe posuír un bo actor, e a través de vídeos explicativos e da propia experiencia persoal de Saamira, achegáronse ao lado máis escuro da profesión, moito traballo, moitos castings durísimos e moitos canditatos para moi pouco traballo.                                                                                               Gracias Saamira pola túa cercanía e simpatía.

I ENCONTROS EN CELANOVA COS ALUMNOS DE LALÍN


           Despois da boa experiencia que supuxo o ano pasado o Intercambio con IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, decidimos conxuntamente os departamentos de EDLG manter a tradición de reunirnos anualmente unha vez cada curso. E de ahí xurdiu a idea de crear os I Encontros co alumnado de Lalín.

          E unha vez máis a experiencia non defraudou.
         A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizaron distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine retablo de marabillas”
Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016.
Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel  acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. O rematar  a outra profesora de música  do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación as dúas profesoras interpretaron un ha obra para órgano a catro mans para rematare a visita ao órgano.
Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos.
Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.