viernes, 21 de mayo de 2021

EXPOSICIÓN UTOPÍAS E DISTOPÍAS


Presentamos as exposicións de utopías e distopías que podedes encontrare nas mesas da biblio e nos corredores do IES. Tamén dispoñibles en formato dixital no blog da biblio. Esperamos que vos gusten

 


        Un ano maís o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro convoca o Certame de relato breve coa temàtica "Un mundo feliz" que coincide co título do praxecto anual de Biblioteca. A continuación están redactadas as bases do concurso. Sorte a todos os participantes

PARTICIPANTES

        Todo o alumnado de ensino medio do centro que así o desexe e presente obras inéditas en lingua galega conforme os seguintes requisitos:

TEXTOS

        Seguindo a inspiración da campaña de dinamización da Biblioteca “Un Mundo feliz” propoñemos que o relatos do concurso versen sobre este tema, non podendo en ningún caso exceder dunha extensión de tres folios.

PRAZOS E MODO DE PRESENTAR

        O envío realizarase por correo electrónico ao enderezo bibliotecapoleiro@gmail.com achegando dous arquivos en PDF. O primeiro conterá o traballo, asinado cun pseudónimo, e o segundo -que se identificará co mesmo pseudónimo- os datos persoais:nome, idade, enderezo electrónico, teléfono e curso. A data límite de entrega será o 22 de Maio de 2021.

PREMIOS

        Concederase un premio de cen euros, diploma acreditativo e publicación do traballo nos diferentes medios escritos e electrónicos do IES Celanova CEF. Corresponde ao xurado, que estará formado por membros da comunidade educativa, a interpretación destas bases