Xa está en marcha o XXVIII Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Os alumnos do centro terán ata o 15 d Xuño para entregar os seus relatos que como tódolos anos xira en torno a campaña de dinamizacón da Biblioteca que este ano é "O cine, retablo de marabillas". Esperamos unha alta participación e que gane o mellor.
Amosando publicacións coa etiqueta actividade b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividade b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 2 de xuño de 2016
ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY
Posted by EDLGPOLEIRO on 02:30
Os alumnos do IES Celanova, disfrutaron dun encontró moi
especial coa actriz ourensana Saamira Ganay, no que coñeceron máis de cerca o
mundo do audiovisual galego, e no que tiveron a oportunidade de entrevistala,
preguntándolle todo tipo de dúbidas acerca da súa vida profesional e persoal e
sobre o que acontece tras das cámaras nunha rodaxe.
Os alumnos disfrutaron moito das
dúas horas de charla-coloquio que a verdade pasaron voando. Traballaron en
equipo tratando de encontrar as cualidades que debe posuír un bo actor, e a través de vídeos explicativos e da propia experiencia persoal de Saamira, achegáronse ao lado máis escuro da profesión, moito traballo, moitos castings durísimos e moitos canditatos para moi pouco traballo. Gracias Saamira pola túa cercanía e simpatía.
Posted in actividade
I ENCONTROS EN CELANOVA COS ALUMNOS DE LALÍN
Posted by EDLGPOLEIRO on 02:13

Despois da boa experiencia que supuxo o ano pasado o Intercambio con IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, decidimos conxuntamente os departamentos de EDLG manter a tradición de reunirnos anualmente unha vez cada curso. E de ahí xurdiu a idea de crear os I Encontros co alumnado de Lalín.
E unha vez máis a experiencia non defraudou.
A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizaron distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine retablo de marabillas”
Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016.
Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. O rematar a outra profesora de música do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación as dúas profesoras interpretaron un ha obra para órgano a catro mans para rematare a visita ao órgano.
Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos.
Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.
Posted in actividade
venres, 6 de maio de 2016
RECIBIMOS Ó ALUMNADO DO IES DE MELIDE
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:11

O intercambio cultural con outros centros é unha das actividades que o alumnado máis disfruta. Neste curso realizamos o intercambio co IES de Melide.
As 10.30 da mañán chegaron a Celanova. Os alumnos do IES esperaron a chegada dos seus compañeiros na biblioteca donde os recibiron coa interpretación da BSO de Breaveheart en concordancia co proxecto da Biblioteca " O CINE"
Posteriormente e despois de cargar enerxías cuns pinchos na cafetería, realizamos a visita guiada ó Mosteiro de San Salvador, clauatro barroco, Capela de San Miguel e coro gótico, onde o alumnado poido ver e escoitar de cerca o fermoso órgano da igrexa (S. XVIII)
Xa pola tarde visitamos a casa familiar de Curros Enríquez, onde Paula nos acercou un pouco máis á figura deste ilustre celanovés.
As 17.30 despedimos a alumnos e profes, esperando vernos o 30 de maio en Melide, aínda que non sabemos se será posible, debido o escasísimo presuposto asignado ó EDLG
Posted in actividade
xoves, 31 de marzo de 2016
VOLVEMOS A LALÍN!!! AS BOAS EXPERIENCIAS HAI QUE REPETILAS!!!
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:40
"As boas experiencias hai que repetilas", eso pensamos Pilar Espiño e mais eu cando decidimos organizar o II Encontro entro alumnado do IES Ramón María Aller Ulloa e o IES Celanova Celso Emilio Ferrreiro. A experiencia do ano pasado foi excepcional e esperamos que este ano se supere. O día 6 de Abril, iremos a Lalín coa intención de pasar un día inesquezible no seu marabilloso entorno e nunha inmellorable compañía. Ojalá o tempo nos acompañe!!!!!
Posted in actividade
martes, 16 de febreiro de 2016
OS ALUMNOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA VAN Ó TEATRO EN BOA COMPAÑÍA.
Posted by EDLGPOLEIRO on 05:21
Os alumnos de normalización lingüística do IES Celanova acudirán ó Teatro Principal de Orense acompañados polos alumnos do club VIP de Lectura da Biblioteca do Centro. A obra titúlase "Variedades"
Posted in actividade
xoves, 14 de xaneiro de 2016
AS BÁGOAS DUN NENO LABREGO. ADEUS A NEIRA VILAS
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:02
O escritor Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928), autor de Memorias
dun neno labrego, a obra máis vendida e traducida de la literatura
gallega, faleceu o vernes 27 de Novembro do 2015 na súa casa de Vila de Cruces.
"Eu son Balbino.
Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre",a primeira frase de Memorias
dun neno galego, e, quizáis, unha das máis repetidas da literatura
galega, e a que acompañou á infancia de varias xeracións de nenos
de Galiza. Este venres, desde que se deu a coñocer a súa morte, a nosa
literatura sinte un grande pesar, ese valeiro que só deixan os grandes.
A longa traxectoria de Xosé Neira Vilas pasa polo ensaio, a novela, o periodismo e a poesía e, polo seu intenso traballo de máis de 50 obras e o seu activismo en defensa da lingua galega, recibindo nos últimos anos múltiples homenaxes. Este mismo 2015 concedéronlle a medalla de Ouro de Galicia, máxima distinción do Gobierno galego.
A súa gran obra Memorias dun neno labrego foi o primeiro best seller da literatura galega, está
considerada como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego,
pero as súas fronteiras non se quedaron en Galiza, senón que desde a súa
publicación en 1961 traduciuse a 15 idiomas, e levaba o
pasado verán 600.000 exemplares vendidos.
En 1961, ano da publicación del famoso Memorias
dun neno labrego, emigrou a A Habana y alí especializouse en periodismo
literario
A súa actividade
cultural e literaria seguiu moi activa a pesar da súa idade ata a
súa morte o venres 27 de Novembro de 2015.
Desde 1992 vivía de novo en Galiza na
su casa natal de Vila de Cruces creando a Fundación que leva o seu nome, gran dinamizadora cultural e lingüística.
O escritor Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928), autor de Memorias
dun neno labrego, a obra máis vendida e traducida de la literatura
gallega, faleceu o vernes 27 de Novembro do 2015 na súa casa de Vila de Cruces.
"Eu son Balbino.
Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre",a primeira frase de Memorias
dun neno galego, e, quizáis, unha das máis repetidas da literatura
galega, e a que acompañou á infancia de varias xeracións de nenos
de Galiza. Este venres, desde que se deu a coñocer a súa morte, a nosa
literatura sinte un grande pesar, ese valeiro que só deixan os grandes.
A longa traxectoria de Xosé Neira Vilas pasa polo ensaio, a novela, o periodismo e a poesía e, polo seu intenso traballo de máis de 50 obras e o seu activismo en defensa da lingua galega, recibindo nos últimos anos múltiples homenaxes. Este mismo 2015 concedéronlle a medalla de Ouro de Galicia, máxima distinción do Gobierno galego.
A súa gran obra Memorias dun neno labrego foi o primeiro best seller da literatura galega, está
considerada como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego,
pero as súas fronteiras non se quedaron en Galiza, senón que desde a súa
publicación en 1961 traduciuse a 15 idiomas, e levaba o
pasado verán 600.000 exemplares vendidos.
En 1961, ano da publicación del famoso Memorias
dun neno labrego, emigrou a A Habana y alí especializouse en periodismo
literario
A súa actividade
cultural e literaria seguiu moi activa a pesar da súa idade ata a
súa morte o venres 27 de Novembro de 2015.
Desde 1992 vivía de novo en Galiza na
su casa natal de Vila de Cruces creando a Fundación que leva o seu nome, gran dinamizadora cultural e lingüística.
Posted in actividade
venres, 15 de maio de 2015
CONCERTO MÚSICA ANTIGA
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:16
CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL
LETRAS GALEGAS 2015.
A fío da poesía neotrobadorista e neopopularista do homenaxeado nas
Letras Galegas deste ano, Filgueira Valverde, o concerto terá seis pequenos
capítulos que comezan co recitado de cada unha das Seis Cantigas do Mar “In modo Antico” deste literato, que irán
completándose con música medieval de Martím Códax, Afonso X, Don Dinís e outra
música europea, todo elo interpretado por Juan Manuel Vázquez Vázquez e Irma
Fernández Alonso. Os instrumentos que se utilizarán son: Oud, vihuela,
salterio, órgano portativo, frauta tenor e percusión.
Posted in actividade
LETRAS GALEGAS 2015
Posted by EDLGPOLEIRO on 02:51
O próximo día 17 de Maio celébrase o Día as Letras Galegas. O homenaxeado este ano 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Seiscantis do mar inodo ntico, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...e
Posted in actividade
xoves, 14 de maio de 2015
INTERCAMBIO DO IES CELANOVA CO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA DE LALÍN
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:35
Sen dúbida o Intercambio con outros centros é a actividade con maior acollida de todas as que se realizan no curso polo departamento de EDLG. E por fin chegou o día...A nosa chegada estaba prevista para as 10:00h e estábamos desexosos de baixar do autobús para o encontro co alumndado e profesorado do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín.Sobre as 11:00 iniciamos o camiño hacia Carboeiro no que disfrutamos da visita guiada ó Mosteiro para proseguir o roteiro cara o paraíso das fervenzas do Toxa. Foron 6 Km de ruta na que compartimos charlas, risas e algunha que outra molladura.O tempo acompañounos durante todo o camiño. Pola tarde desprazámonos a visitar o recentemente restaurado Pazo de Liñares no que se atopa o museo do títere antes de partir de volta para Celanova.
Só espero que eles disfrutaran tanto desta convivencia coma nós e esperamos que o día 13 de Maio cando eles veñan a Celanova poder recibilos e tratalos tan ben como eles a nós. Agardamos a súa visita.
Posted in actividade
martes, 24 de marzo de 2015
ENTROIDO NO IES CELANOVA
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:14
O ENTROIDO EN GALIZA
O entroido ou carnaval é unha
festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e
marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra
principalmente en rexións de tradición católica .
O entroido celébrase tamén Galiza con
características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre
diversas poboacións: son coñecidos os entroidos do triángulo máxico de Xinzo de Limia, Verín e Laza aínda que tamén vos amosaremos outros entroidos típicos de Galiza moitos deles
declarados de interese turístico
nacional.
O TRIÁNGULO MÁXICO
Peliqueiros de Laza
O Entroido de Laza é dos máis ancestrais e dos que realmente seguen a tradición.
O peliqueiro é o personaxe central. Existen outros personaxes secundarios, como a
morena e o maragato.
Convén dicir que o Peliqueiro é
a máscara do Entroido ou
carnaval de Laza, non é un
disfraz, é unha máscara.
O peliqueiro de Laza vai máis alá do que é un disfraz para converterse nun sentimento. É o rei e dono absoluto da festa.
Os seis "chocos" similares a chocallos avisan da súa presenza. Cada un pesa quilo e media e están realizados de ferro e bronce. Suxéitanse grazas a un cinto de pel que soporta ese peso.
O traxe está composto de varias pezas: careta, chaqueta, pantalón e a zamarra. Ademais leva adornos e outros accesorios.
A careta é de madeira de bidueiro e a mitra é de aluminio, para que pese menos. Leva uns pompones "pondóns" que colgan dos extremos. Os motivos son principalmente animais.
Na man leva a zamarra, é unha especie de fusta que se usa únicamente contra aqueles que non respectan o propio peliqueiro ou interpóñense no seu camiño.
A camisa é branca e leva gravata.
Leva como pode verse unha faixa por enriba dos calzóns que son curtos e finalmente leva medias vermellas con ligas e zapatos negros. Ademais doutros adornos varios.
Saen sobre 150 peliqueiros cada domingop de entroido ou carnaval.
O peliqueiro de Laza vai máis alá do que é un disfraz para converterse nun sentimento. É o rei e dono absoluto da festa.
Os seis "chocos" similares a chocallos avisan da súa presenza. Cada un pesa quilo e media e están realizados de ferro e bronce. Suxéitanse grazas a un cinto de pel que soporta ese peso.
O traxe está composto de varias pezas: careta, chaqueta, pantalón e a zamarra. Ademais leva adornos e outros accesorios.
A careta é de madeira de bidueiro e a mitra é de aluminio, para que pese menos. Leva uns pompones "pondóns" que colgan dos extremos. Os motivos son principalmente animais.
Na man leva a zamarra, é unha especie de fusta que se usa únicamente contra aqueles que non respectan o propio peliqueiro ou interpóñense no seu camiño.
A camisa é branca e leva gravata.
Leva como pode verse unha faixa por enriba dos calzóns que son curtos e finalmente leva medias vermellas con ligas e zapatos negros. Ademais doutros adornos varios.
Saen sobre 150 peliqueiros cada domingop de entroido ou carnaval.
"O peliqueiro non
é un disfraz, lévase dentro"
Cigarróns de Verín
A máscara máis característica e arcaica da Comarca de Monterrei é a do Cigarrón no val de Verín. Consta esta máscara dunha carauta de pau traballada en madeira e pintada de xeito que nela resalten as cellas, as sonrosadas meixelas, amplo bigote, cínico sorriso mostrando a dentadura e barba falsa. Como roupa leva vestida unha camisa branca con gravata vermella (na actualidade de cores variadas) e por riba unha chaquetiña curta de seda con galóns e alamares dourados. Cubrindo os hombreiros, charretas de militar proveídas de dourados frecos e pano de cores sobre eles, prendido con broches femininos. A chaquetiña non cerra no peito, senón que se asegura cuns barazos atados con lazada. Na cintura, faixa de varias voltas e por riba dela cinto de coiro do que penduran por atrás, preferiblemente seis grandes chocas. Estas chocas ou chocallos, de cobre, colócanse alternas pois diferencian o seu son en machos (graves) e femias (agudos). Ademáis de iren alternadas, deben tamén estar concertadas para que produzan o seu son característico. Unha das artes dos Cigarróns consiste precisamente en mover con xeito as chocas, usando o propio movemento do corpo. Cubrindo as pernas levan calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e borlas, nas que predominan as cores vermellas e verdes. O resto das pernas cúbrese con medias brancas que se suxeitan con ligas. Nos pés, calzado de zapato negro e corrente. Na man levan unha zamarra ou látigo do que pende, unha badana de pe.
O símbolo do Entroido de Xinzo é a pantalla. A súa función dentro do entroido é a de vixiar que ninguén se pasee pola rúa sen disfraz. Quen sexa pillado sen disfraz terá que invitar a unha rolda de viño. O que se resista será perseguido, reducirase e levarase nos brazos ata o bar máis próximo para pagarlle uns viños á cuadrilla de pantallas.
Diante das mulleres e os forasteiros, as Pantallas, que emiten un son xordo como dun animal ou un cocón metendo medo, saltan e simulan un acoso. Estas máscaras corren polas rúas golpeando entre si as vexigas e facendo soar as campás que levan cinguidas á cintura.
A vestimenta da pantalla está formada por unha camisa de felpa e un calzón branco, unhas polainas negras e unha capa vermella con fitas de distintas cores. O que permite identificar ás pantallas inmediatamente son as dúas vexigas de vaca secadas e infladas que levan na man.Diante das mulleres e os forasteiros, as Pantallas, que emiten un son xordo como dun animal ou un cocón metendo medo, saltan e simulan un acoso. Estas máscaras corren polas rúas golpeando entre si as vexigas e facendo soar as campás que levan cinguidas á cintura.
A pantalla é o nome que se lle da a careta, e tamén o nome do conxunto. A careta faise nunha soa peza conde cartón, papel periódico, feltro fariña, auga e pintura, que logo se encaixa na cara e cabeza collendo a forma de gorro ríxido que remata, na parte frontal. Ten cara de demo, cos cornos incluídos, con cara de sorna. A parte de arriba adórnase con motivos astrais ou animais totémicos. Uns aros fan a función de barba e unha tea, a percalina, colga polos lados
OUTROS PERSOAXES DO NOSO ENTROIDO

O Vergalleiro é
típico de Sarreaus,
onde tamén os carnavais son moi soados. Esta figura, equivale
ao cigarrón ou peliqueiro pero
como se ve na fotografía presenta as súas diferenzas. O traxe leva
unha camisa de liño con tres fitas entrelazadas de cor verde, negra
e vermella; un chaleco de feltro negro e polainas tambien negras
con borlas vermellas, que van dende o xeonllo aos pés. Faixa tamén
vermella, colgando chócalas ou campaíñas pequenas e borlas negras.
O corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa.
O
Vergalleiro foi recuperada polo ano 1994, pero hoxe xa está moi
arraigada como máscara de Sarreaus. O traxe é moi bonito e como
pode verse reproduce unha cara masculina e sorrinte. O vergalleiro
leva a maiores un vergallo, que lle dá nome, e un corno para poñer
unha música moi especial en enxebre nesta festa.
Un
carnaval que merece la pena ser estudiado y que tratan de mantener el
pueblo de Sarreaus.
Volantes
En canto aos personaxes típicos do Entroido Ribeirao caben ser destacados, por enriba de calquera outro,
os volantes que doitan á celebración chantadina de gran parte da súa
singularidade. Portan sobre a cabeza os famosos "puchos" que non son
outra cousa que enormes gorros dos que se di que teñen a forma de camarín da
Virxe. Estruturas moi pesadas, estímase que poden chegar a pesar 15 kilos,
teñen unha estrutura interna de madeira feita con paus de vimbio. Sobre
ela colgan numerosas fitas ou "colonias" de moita anchura e lonxitude
cunha gran profusión de colorido. Tamén é común que sobre o "pucho"
se coloquen bonecos e flores que nun tempo eran elaboradas polas mulleres das
distintas parroquias. Nos ombros, os volantes levan un pano cunha gran
variedade cromática chamados "portugueses" para diferencialos dos
utilizados na antigüidade, denominados "mariños" xa que moitos deles
proviñan de ultramar sendo de cores máis tristes. O volante, sempre masculino,
ten unha vestimenta inferior caracterizada por presentar unha serie de bandas
con cores moi significativas; son comúns as cores vermella e amarela aínda
que na actualidade non é extraño ver os volantes con cromática azul/branco
Felos
Os Felos de Maceda son a figura máis ancestral do entroido Ourensán.
Os felos son típicos da zona de Maceda. En opinión de moitos entendidos é o Entroido máis ancestral da zona, ainda que as guías locais lle presten máis atención a outros, non sei porqué razón. O felo é a figura principal, que é moi parecida ao peliqueiro, pero ten lixeiras diferenzas como pode observarse na fotografía: medias negras, etc.
Boteiros
O
persoaxe emblemático de Viana do Bolo é
o Boteiro, que durante os días de Entroido percorre
as rúas da vila acompañando o Folión. Estes Foliones son
procesións rituais compostas por 30 ou 40 veciños que, acompañados
por bombos, aixadas, gadañas e cornos, visitan distintos pobos do
municipio cos seus espectaculares e brillantes gorros. O significado
que acompaña aos foliones alude á protección fronte
a lso espítitus adversos, encarnados na mitoloxía
popular polas "meigas" e "trasnos".
O Boteiro aparece ataviado cunha careta de madeira tallada e pintada de negro, e unha pantalla de arame e cartón forrado de papeliños multicolor que chega a medir un metro de altura e vai debuxando formas fabulosas. Leva camisa de liño forrada de lazo de raso ou seda cheas de cor. O pantalón é vermello con flocos dende a cintura ata o papo da perna, e leva un cinto de "chocas" con cuxo peculiar son van avisando o seu paso da chegada do Boteiro. Porta ademais nas mans unha longa vara de madeira rematada nunha borla, denominada localmente "monca", coa cal se axuda para dar brincos máis intimidatorios e abrir o Folión. Outros personaxes peculiares do Entroido de Viana son a Mula e oMaragato. A Mula, feita cunha manta de cabalo, baixo a cal se agrupa o pelotón de rapaces, vai dando couces aos presentes, mentres o Maragato o conduce e guía entre a multitude.
O Boteiro aparece ataviado cunha careta de madeira tallada e pintada de negro, e unha pantalla de arame e cartón forrado de papeliños multicolor que chega a medir un metro de altura e vai debuxando formas fabulosas. Leva camisa de liño forrada de lazo de raso ou seda cheas de cor. O pantalón é vermello con flocos dende a cintura ata o papo da perna, e leva un cinto de "chocas" con cuxo peculiar son van avisando o seu paso da chegada do Boteiro. Porta ademais nas mans unha longa vara de madeira rematada nunha borla, denominada localmente "monca", coa cal se axuda para dar brincos máis intimidatorios e abrir o Folión. Outros personaxes peculiares do Entroido de Viana son a Mula e oMaragato. A Mula, feita cunha manta de cabalo, baixo a cal se agrupa o pelotón de rapaces, vai dando couces aos presentes, mentres o Maragato o conduce e guía entre a multitude.
O NOSO TABOLEIRO
INVITÁMOSTE Ó NOSO ENTROIDO
Posted in actividade
xoves, 26 de febreiro de 2015
TARDE MÁXICA CON MIL SORRISOS E UN PERDÓN
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:30
O luns día 9 de febreiro, foi para nós un día de nerviosismo e moita emoción. As 4.30 da tarde tería lugar na Biblioteca do centro a proxección do documental "Mil sorrisos e un perdón". Preguntarédesvos o porqué de tanto estusiasmo...e velaí vai a resposta.
" Mil sorrisos e un perdón" é un documental producido por Bruno Nieto Estévez e prtagonizado por Daniel Fernández Carril. Ámbolos dous ex-alumnos do IES Celanova. Desde aquí queremos rendirlles o noso pequeno tributo, apoialos no seu camiño e desexar que tanto talento reciba a súa merecida recompensa.
A conexión de Bruno e Dani cos 130 alumnos participantes na actividade foi máxica e inmediata...a única obxección, por dicir algunha, e que nos quedamos con ganas de máis...de máis respostas, de máis sorrisos...en definitiva de máis tempo na vosa compaña.
A ti Dani agradecerche que compartiras con todos nós a túa historia con tanta xenerosidade, simpatía e naturalidade e grazas a Bruno por contala do mellor xeito posible...con esa sensibilidade que só os artistas con gran talento poden facer.
Mil sorrisos e un perdón non só é un documenral, é una lección de vida da que todos e cada un de nós deberíamos aprender. GRAZAS
Posted in actividade, iescelanova
NADAL NO IES
Posted by EDLGPOLEIRO on 04:23
Dende principios do mes de decembro, xa é unha tradición no centro que os alumnos de tódolos niveis de ESO, coa colaboración dos seus profesores de Educación plástica e visual, realicen postais sobre a súa particular visión do nadal, dando continuidade o certame que o centro leva realizando por anos. Todas elas expóñense no taboleiro de normalización lingüística a partir do 9 de Decembro. Penso que este ano foi un pouco precipitado e creo que hai moito máis talento en Celanova do que estas imaxes demostran...Prometemos mellorar para o ano que ven.
Posted in actividade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









.jpg)









.jpg)

.jpg)
XXVII CERTAME DE RELATO BREVE CELSO EMILIO FERREIRO