martes, 23 de octubre de 2018

"ONDE O MUNDO AÍNDA SE CHAMA CELANOVA"

          Este ano como novidade o EDLG do IES Celanova participa  no Plan Proxecta no programa      " Proxecto didáctico Antonio Fraguas".

     Este proxecto nace da necesidade de que o alumnado coñeza en profundidade e valore o patrimonio cultural, artístico, etnográfico e lingüístico da vila  de Celanova e a súa contorna máis próxima. Celanova posúe unha riqueza cultural inmensa en moitos ámbitos que os alumnos e as súas familias descoñecen. Este é un proxecto para toda a comunidade educativa; alumnos, profesores de distintas materias e familias participarán activamente nas distintas actividades incluídas nesta fermosa viaxe cultural e literaria pola vila de Celanova.
       O punto de partida será o propio centro, xa que o IES Celanova ocupa un edificio histórico, cunhas dependencias de obrigado coñecemento por parte do alumado. A partir de aquí continuaremos co noso traballo de investigación de cada recuncho de interese da vila, todo iso acompañado polas verbas dos nosos ilustres escritores e cos sons dos tubos do espectacular órgano barroco.
        As actividades que se realizarán co alumnado abranguen distintas materias e temas transversais (Historia, Arte, Música, Debuxo, Lingua e literatura galega…). A busca de información sobre o noso patrimonio cultural e literario incluíndo o propio centro será supervisada pola coordinadora co fin de elaborar un roteiro literario e artístico polas rúas de Celanova. Este roteiro estará incluído no vídeo documental protagonizado polos alumnos que se converterán en profesionais guías turísticos amosando os bens patrimoniais da comarca. Tamén se recopilarán refráns, lendas e todo tipo de historias de distintas zonas na comarca, e que motivarán aos alumnos a relacionarse con xente de distintas xeracións, os avós e bisavós son unha fonte de sabiduría popular.
         Para dar a coñecer a riqueza literaria de Celanova o alumnos farán unha escolma de textos que fagan mención na súa obra á Terra de Celanova e o seu patrimonio.
         Da man do departamento de música coñeceremos o órgano de Celanova. Os alumnos de música explicarán no vídeo documental o funcionamento do órgano e o valor do Coro gótico e os seus facistoles. Tamén amosaremos os instrumentos representados dentro da igrexa e do propio coro.






lunes, 8 de octubre de 2018

REVISTA POLEIRO 2018

              Comezamos o novo curso con moita ilusión e con moitos proxectos en mente que esperamos poder levar a cabo na súa totalidade. Queríamos dedicar o noso primeiro post ao último exemplar da  Revista Poleiro, realizada polo EDLG durante o curso 2017/18. Esperamos que a gocedes e valoredes todo o traballo realizado nas súas páxinas.


                                                            REVISTA POLEIRO 2018