venres, 21 de outubro de 2016
OUTONO DAS LETRAS
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:46
Xa estamos de volta!!!!O EDLG do IES Celanova xa está traballando en novos proxectos e actividades nas que os alumnos e profesores do centro se impliquen como ata agora ou máis no uso do galego falado e escrito, nas aulas e fóra delas.
Por iso estamos a preparar o noso particular Outono da Lingua, onde os alumnos exporán no taboleiro de EDLG as súas redaccións, poemas propios e poemas de autor cunha temática común: o outono en tódalas súas facetas: fermosas paisaxes, festas populares, gastronomía...
En breve xa vos poderemos amosar o resultado.
Por iso estamos a preparar o noso particular Outono da Lingua, onde os alumnos exporán no taboleiro de EDLG as súas redaccións, poemas propios e poemas de autor cunha temática común: o outono en tódalas súas facetas: fermosas paisaxes, festas populares, gastronomía...
En breve xa vos poderemos amosar o resultado.
Chega o outono
O outono chega moi calado
co seu vestido marrón,
levantando un aire fresco
e anunciando a súa estación.
Dinos adeus o verán
chove e chove sen parar
as árbores sen follas
peladiñas quedarán.
O outono ten un pincel
que pinta o campo dourado,
as nubes as pinta de gris
e o sol píntao de nublado.
Os paxaros en bandada
voan hacia outro lugar
porque teñen moito frío
e aquí non poden piar.
PERDIDO NOS RECORDOS
Xoán
púxose a camiñar costa arriba cara á praza principal do pobo. Ía unha tarde
fresca, xa que estaban case a mediados de novembro, e non dubidou en poñerse
abrigo.
O
sitio estaba animado, xa que ese día celebrábase o magosto no lugar.
Avanzaba
o rapaz en absoluta tranquilidade, cando de súpeto, divisou a dúas persoas
encarapuchadas e cunha indumentaria completamente negra, que se metían con
celeridade por unha canella intransitada.
Extrañado
e en parte asustado, rememorou os feitos con extrema cautela. O medo fixo que
arribara antes de tempo nun improvisado lugar, esperando a que pasase o
temporal.
En
poco tempo chegou a praza, e alí si que xa non habería problemas, dado que
estaba ateigada de xente.
Nunha
beira estaban uns axudantes, que case non daban feito, e no resto do espazo,
xente a rebosar de ledicia.
Algúns
cantaban e bailaban ao son dunha música da que Xoán descoñecía o procedencia;
outros comían e outros conversaban.
O
rapaz divisou aos seus amigos entre a multitude e púxose a camiñar cara eles,
cando de súpeto, un vehículo negro apareceu. Del saíron os dous encarapuchados,
que tiraron (coido que era unha mochila), a cadanseu lado.
A
partir dese momento, non hai máis recordos.
David Pereira Rodríguez 3º ESO B
O outono da vida
Ai o outono!!!
de follas vermellas, amarelas
e laranxas.
Ti que as árbores ispes
e engalanas os camiños como
uns interminables
sendeiros de lume baixo,
tempo de frío e festas sen
fin.
As páxinas do teu libro,
todo o mundo ás recolle para
os seus versos ler.
Cando remata o poema da túa
vida
Comeza o outono a desaparecer
Cristopher Vadir Alonso Castro
1º ESO A
As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.
Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.
Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.
Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan
co vento
todos collidos
da man.
Antonio García Teijeiro
Ven onda nós o outono
da cabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas
estrando friaxe
Ana Mª Fernández "Ondas de verde e azul" Xerais
da cabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas
estrando friaxe
Ana Mª Fernández "Ondas de verde e azul" Xerais
OS CAMIÑOS
Fas coas follas camiños,
con cores fas sentimentos
Fas caer os froitos da terra
e nos ofreces os que tes dentro
Ti coidas fermosas paisaxes
que nos regalan poesía e cor
que se visten coas follas
para poder sentir a súa calor
Don carballo chora landras
na amencida.
E don Outono baballa
néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.
Helena Villar e Xesús."Dona e Don"
Árbore-Galaxia
xoves, 2 de xuño de 2016
XXVII CERTAME DE RELATO BREVE CELSO EMILIO FERREIRO
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:18
Xa está en marcha o XXVIII Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro. Os alumnos do centro terán ata o 15 d Xuño para entregar os seus relatos que como tódolos anos xira en torno a campaña de dinamizacón da Biblioteca que este ano é "O cine, retablo de marabillas". Esperamos unha alta participación e que gane o mellor.
Posted in actividade
MANUEL MARÍA. HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS 2016
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:17
Este ano 2016 o homenaxeado no día das letras galegas é o escritor lucense Manuel María.
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rey o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas elección municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro. En 1982 , Abandonou a militancia política do BNG para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003 pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".
Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, o arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, o mundo animal Dedícaselle o Día das letras galegas de 2016
“ Galicia é unha nai Galicia somos nós
Velliña, soñadora a xente e maila fala,
na voz da gaita rise se buscas a Galicia
na voz da gaita chora en ti tes que atopala” “Os soños na gaiola”
ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY
Posted by EDLGPOLEIRO on 02:30
Os alumnos do IES Celanova, disfrutaron dun encontró moi
especial coa actriz ourensana Saamira Ganay, no que coñeceron máis de cerca o
mundo do audiovisual galego, e no que tiveron a oportunidade de entrevistala,
preguntándolle todo tipo de dúbidas acerca da súa vida profesional e persoal e
sobre o que acontece tras das cámaras nunha rodaxe.
Os alumnos disfrutaron moito das
dúas horas de charla-coloquio que a verdade pasaron voando. Traballaron en
equipo tratando de encontrar as cualidades que debe posuír un bo actor, e a través de vídeos explicativos e da propia experiencia persoal de Saamira, achegáronse ao lado máis escuro da profesión, moito traballo, moitos castings durísimos e moitos canditatos para moi pouco traballo. Gracias Saamira pola túa cercanía e simpatía.
Posted in actividade
I ENCONTROS EN CELANOVA COS ALUMNOS DE LALÍN
Posted by EDLGPOLEIRO on 02:13

Despois da boa experiencia que supuxo o ano pasado o Intercambio con IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, decidimos conxuntamente os departamentos de EDLG manter a tradición de reunirnos anualmente unha vez cada curso. E de ahí xurdiu a idea de crear os I Encontros co alumnado de Lalín.
E unha vez máis a experiencia non defraudou.
A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizaron distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine retablo de marabillas”
Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016.
Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. O rematar a outra profesora de música do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación as dúas profesoras interpretaron un ha obra para órgano a catro mans para rematare a visita ao órgano.
Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos.
Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.
Posted in actividade
venres, 6 de maio de 2016
RECIBIMOS Ó ALUMNADO DO IES DE MELIDE
Posted by EDLGPOLEIRO on 03:11

O intercambio cultural con outros centros é unha das actividades que o alumnado máis disfruta. Neste curso realizamos o intercambio co IES de Melide.
As 10.30 da mañán chegaron a Celanova. Os alumnos do IES esperaron a chegada dos seus compañeiros na biblioteca donde os recibiron coa interpretación da BSO de Breaveheart en concordancia co proxecto da Biblioteca " O CINE"
Posteriormente e despois de cargar enerxías cuns pinchos na cafetería, realizamos a visita guiada ó Mosteiro de San Salvador, clauatro barroco, Capela de San Miguel e coro gótico, onde o alumnado poido ver e escoitar de cerca o fermoso órgano da igrexa (S. XVIII)
Xa pola tarde visitamos a casa familiar de Curros Enríquez, onde Paula nos acercou un pouco máis á figura deste ilustre celanovés.
As 17.30 despedimos a alumnos e profes, esperando vernos o 30 de maio en Melide, aínda que non sabemos se será posible, debido o escasísimo presuposto asignado ó EDLG
Posted in actividade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












REVISTA POLEIRO 2016