martes, 24 de febrero de 2015

O MAGOSTO





Este ano os alumnos do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desexaban celebrar esta festividade tan arraigada na nosa cultura dun xeito diferente...todo o alumnado coa participación dun gran número de profesores colaboradores e coordinado polo EDLG iríamos a xantar e facer distintos talleres de actividades por grupos ó Monte da Cruz en Celanova. Por desgraza as inclemenzas meteorolóxicas non nos permitiron celebralo como estaba previsto. Os alumnos previamente realizaron distintos traballos sobre a orixe e tradición desta festa en Galiza e fundamentalmente na provincia de Ourense. 
                                     


                                                       O MAGOSTO

O magosto surxe en Lugo e en Ourense (no interior) á sombra dos soutos, cando ó final da colleita de castañas se facía unha pequena festa cos “excedentes” acompañándoos de productos do país (quiexo, broa, viño...) e no que mozos e mozas aproveitaban para botarse desafíos uns a outros sen deixar de cantaruxar.
O magosto tamén se extendiu pola costa, pero máis ben neste último cuarto de século, celebrándose nas escolas por maestros do interior ou que simplemente apreciaban os costumes e a identidade galegos, aínda que si se coñecía e celebraba nalgúns sitios puntuais donde abundaban os soutos.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.
Esta festa tradicional galega é para nós, e para todos os xóvenes galegos de hoxe en día, unha oportunidade de conservar tradicións da nosa terra, ademais de pasar unha tarde moi entretida e divertida con coñecidos e amigos de todas as idades. 

(Alumnos 3º ESO A)


0 comentarios:

Publicar un comentario