Este ano o día das letras galegas homenaxea a Carlos
Casares, un escritor comprometido co seu tempo e unha das figuras máis
relevantes da literatura galega das últimas décadas do século XX. Un autor de
obra perdurable e mensaxe atemporal. Un escritor capaz de converter o vulgar en
nobre e o transcendente en normal
A súa
recoñecida traxectoria déixanos obras tan importantes como "A galiña azul”,
que o convertiu en pioneiro da literatura infantil; “Xoguetes para un tempo
prohibido”, co que gañou o Premio Galaxia e do da crítica da narrativa galega
da Asociación Española de críticos literarios; “Ilustrísima” co que foi
homenaxeado co premio Crítica Galega; o"O Sol de verán" e outras xoias literarias que o fan máis que mercedor desta homenaxe.
LETRAS GALEGAS 2017