Galicia máxica é unha actividade realizada polo alumnado de 2º e 3º de ESO do EDLG dentro do proxecto " A música, pulso e matriz. saúde na educación".
Trátase dun proxecto educativo interdisciplinar que ten como obxectivo a
formación integral do alumnado, para mellorar a súa calidade de vida e o seu crecemento persoal, intelectual e cognitivo, a
través da aplicación da música e o son para mellorar o desenvolvemento de diferentes
áreas do seu cerebro.
Este proxecto tamén está
incluido dentro do proxecto de centro “Mens sana in corpore sana". O
traballo realizado ao longo do curso terá como resultado final a representación
“Harry e Merincios. Maxia e música”. Harry o Mago, ven a Galicia a visitar á
súa amiga Merincios a Meiga para propoñerlle algo que ela non poderá rexeitar.
O escenario do seu encontro, será o IES de Celanova, pois hai anos Harry,
casualmente… visitou o edificio e quedou prendado del e da súa intrigante
historia... Tamén…do grande parecido co seu querido Colexio Hogwarts de Maxia…
Neste primeiro trimestre o alumnado de 2º e 3º de ESO realizou traballos de investigación sobre a Mitoloxía celta, incluíndo a deuses e deusas, heroes e imaximario popular. A continuación presentamos o resultado. Esperamos que vos guste.

GALICIA MÁXICA