jueves, 10 de mayo de 2018

Os alumnos de 1º da ESO do IES Celanova viaxaron a Santiago de Compostela o día 20 de marzo para coñecer aos compañeiros do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela cos que previamente tiveron contacto por carta. Recibíronos con moita xentileza, ofrecendo seu alumnado un pequeno recital de música e danza tradicional e invitándonos a unha pequena merenda, que boa falta nos faría, para coller enerxía para o día cargado de actividades culturais que tiñamos por diante. O noso primeiro destino foi a Cidade da cultura de Galicia, á que chegamos andando despois dun recorrido a pé atravesando o monte de Galicia. Alí coñecemos toda a peculiar arquitectura da Cidade da Cultura e a súa Biblioteca.
Despois dun breve descanso para comer proseguimos a nosa ruta cunha visita excepcional ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, e posteriormente ao seu exterior para coñecer as fermosas fachadas da Catedral e as súas características.











0 comentarios:

Publicar un comentario