xoves, 19 de novembro de 2026

ADEUS A XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

     Hoxe é un día triste para Celanova. Méndez Ferrín faleceu en Vigo na madrugada do 19 de Novembro de 2026 aos 88 anos. 

    O poeta e narrador ourensá foi unha das figuras fundamentais da cultura galega contemporánea e un dos grandes construtores do nacionalismo moderno. Preso pola ditadura franquista pola súa militancia política, renovou a poesía e a narrativa en lingua galega e dedicou a súa vida a construír unha Galiza libre, tamén desde a literatura.

    Xosé Luís Méndez Ferrín  mantivo un estreito vínculo persoal, literario e institucional con Celanova, vila ourensá onde pasou estancias durante a súa infancia e que formou parte do seu universo creativo. 


                                                    Xosé Luís Méndez Ferrín (1938-2026)