venres, 11 de setembro de 2026
xoves, 28 de maio de 2026
"CANDO A POESÍA CANTA" FINALISTAS DO CONCURSO INTERNACIONAL DE PODCAST
"Cando a poesía canta" é o proxecto que representará ao IES Celanova na gala de entrega de premios da VIII edición do Concurso Internacional de podcast Xosé Mosquera Pérez. Para nós, ser finalistas entre máis de 80 proxectos xa é un triunfo.
O alumnado de 4º de ESO de Oratoria foi o encargado de realizar e compartir esta viaxe poética e musical que espero que desfrutedes. Quero felicitalos polo seu excepcional traballo e decirlles que xa gañamos moito polo camiño: traballo en grupo, integración, anécdotas variadas, e sobre todo moita emoción. Moita sorte o día 8 de xuño.
OBRA DE TEATRO EN GALEGO A CARGO DO ALUMNADO DE PDC
Os alumnos de 3º de PDC do IES Celanova, despois de moito traballo coordinado polo seu profesor Rafael Adán e coa colaboración de Teresa Devesa, presentaron a súa obra de teatro Atranco no banco. Todo un éxito. Noraboa rapaces.
domingo, 17 de maio de 2026
BEGOÑA CAAMAÑO: HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a homenaxeada das próximas Letras do 2026 que serán unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño. Ademais, A súa obra aborda a mitoloxía clásica e artúrica. E en canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica».
No xornalismo, tanto no papel coma nas ondas, atopou unha
ferramenta para combater as inxustizas, a discriminación, as desigualdades e os
privilexios. E desa observación atenta e rigorosa da realidade social xorde a
narradora, que emprega a ficción para desfacer prexuízos e estereotipos que nos
foron transmitidos a través dos mitos e para ir tecendo uns novos, dende a
perspectiva feminista que percorre toda a súa escrita. En ámbalas dúas áreas,
no xornalismo e na ficción, Begoña Caamaño apostou por darlle voz a quen
tradicionalmente non a tivo e por intentar mudar as cousas e mellorar a vida
das persoas.
Ademais do seu labor profesional, na Raio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige
xoves, 14 de maio de 2026
SEMINARIO INTERCENTROS. CELEBRACIÓN DO ANO OTERIANO
luns, 4 de maio de 2026
luns, 23 de febreiro de 2026
CELEBRANDO A ROSALÍA
O alumnado de oratoria e FPB prepararon unha homenaxe á figura de Rosalía de Castro para celebrar o día de Rosalía o 23 de febreiro. Hoxe tamén poderán degustar no recreo o Caldo de Gloria. A receita podédela encontrar no poema "Miña casiña, meu lar"
xoves, 19 de febreiro de 2026
CASTELAO. ARTE NAS MESAS
O EDLG continúa coas actividades entorno á figura de Castelao. Os departamentos de Plástica e Galego acordaron recrear os fermosos debuxos de Castelao, algúns interpretando moi enxeñosamente a nosa realidade. “Arte nas mesas” volve a converter a nosa biblio nun espazo expositivo.
Aquí vos deixamos unha pequema mostra
a
venres, 21 de novembro de 2025
A TÁBULA HOSPITALIS NO IES CELANOVA
O día 19 de Novembro, tivemos a honra de presentar no salón de actos do IES Celanova a Tábula Hospitalis de Castromao, encontrada en 1970. Os alumnos de 1º de ESO foron os encargados de contar de forma amena tan importante achado. Agradecer a César Llana, en representación do Museo Arqueolóxico, a oportunidade única de achegarnos a nosa historia. O acto contou tamén coa presencia de Javier Gándara, exalumno do centro, e compositor das pezas que amenizaron a presentación, interpretadas maxistralmente por Santiago Comesaña.
venres, 7 de novembro de 2025
CONCURSO DE PORTAS TERRORÍFICAS
venres, 26 de setembro de 2025
MUSICAL DISNEY
martes, 1 de abril de 2025
Intercambio lingüístico co IES As Mariñas de Betanzos (25 de marzo de 2025)
mércores, 19 de marzo de 2025
OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN
venres, 14 de marzo de 2025
ERGUENDO A VOZ DAS MULLERES
martes, 11 de marzo de 2025
Entroido 2025 no IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro.
mércores, 26 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA. Peza do mes de febreiro no Fogar das musas
Intercambio lingüístico co IES As Mariñas de Betanzos (24 de febreiro de 2025)
mércores, 1 de xaneiro de 2025
Portadas da revista
luns, 4 de novembro de 2024
Visita á Biblioteca Nacional de Lisboa: Cancioneiro Colocci-Brancuti
martes, 15 de outubro de 2024
Conversa arredor da Xeración Nós
,L


































LUÍS CONDE, AMOR POR CELANOVA