A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a homenaxeada das próximas Letras do 2026 que serán unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño. Ademais, A súa obra aborda a mitoloxía clásica e artúrica. E en canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica».
No xornalismo, tanto no papel coma nas ondas, atopou unha
ferramenta para combater as inxustizas, a discriminación, as desigualdades e os
privilexios. E desa observación atenta e rigorosa da realidade social xorde a
narradora, que emprega a ficción para desfacer prexuízos e estereotipos que nos
foron transmitidos a través dos mitos e para ir tecendo uns novos, dende a
perspectiva feminista que percorre toda a súa escrita. En ámbalas dúas áreas,
no xornalismo e na ficción, Begoña Caamaño apostou por darlle voz a quen
tradicionalmente non a tivo e por intentar mudar as cousas e mellorar a vida
das persoas.
Ademais do seu labor profesional, na Raio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige

BEGOÑA CAAMAÑO: HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS