luns, 19 de outubro de 2026

DÍA DAS ESCRITORAS

 


    O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura.

    Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

    Desde as bibliotecas escolares propoñemos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

0 comentarios:

Publicar un comentario