martes, 1 de xuño de 2021

NOVAS ADQUISICIÓN DA BIBLIO EN GALEGO

 A continuación podedes atopar as novas adquisicións da nosa biblio en galego. 







 O IES Celanova homenaxea a Xela Arias realizando unha escolma de poemas da autora. Dende o EDLG e a Biblioteca suxerimos a todo o profesorado traballar con eles no tempo asignado a lectura durante todo o mes de abril e maio.


venres, 21 de maio de 2021

EXPOSICIÓN UTOPÍAS E DISTOPÍAS


Presentamos as exposicións de utopías e distopías que podedes encontrare nas mesas da biblio e nos corredores do IES. Tamén dispoñibles en formato dixital no blog da biblio. Esperamos que vos gusten

 


        Un ano maís o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro convoca o Certame de relato breve coa temàtica "Un mundo feliz" que coincide co título do praxecto anual de Biblioteca. A continuación están redactadas as bases do concurso. Sorte a todos os participantes

PARTICIPANTES

        Todo o alumnado de ensino medio do centro que así o desexe e presente obras inéditas en lingua galega conforme os seguintes requisitos:

TEXTOS

        Seguindo a inspiración da campaña de dinamización da Biblioteca “Un Mundo feliz” propoñemos que o relatos do concurso versen sobre este tema, non podendo en ningún caso exceder dunha extensión de tres folios.

PRAZOS E MODO DE PRESENTAR

        O envío realizarase por correo electrónico ao enderezo bibliotecapoleiro@gmail.com achegando dous arquivos en PDF. O primeiro conterá o traballo, asinado cun pseudónimo, e o segundo -que se identificará co mesmo pseudónimo- os datos persoais:nome, idade, enderezo electrónico, teléfono e curso. A data límite de entrega será o 22 de Maio de 2021.

PREMIOS

        Concederase un premio de cen euros, diploma acreditativo e publicación do traballo nos diferentes medios escritos e electrónicos do IES Celanova CEF. Corresponde ao xurado, que estará formado por membros da comunidade educativa, a interpretación destas bases



 

luns, 28 de outubro de 2019

MUSICAL A BELA E A BESTA

              O alumnado de 3º de ESO e 1º  de Bacharelato acudiron ao Auditorio municipal de Ourense a ver a representación do musical "A Bela e a Besta". Esta actividade prosposta polo Departamento de Música e o EDLG conxuntamente, realizouse o 22 de Outubro de 2019.  O musical foi realizado íntegramente por alumnos e profesores do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, cun nivel moi alto tanto no musical como na traducción de todos os temas ao galego. Unha actividade que pon en valor da nosa lingua e as súas posibilidades artísticas. Parabéns a todos os participantes por tan fabuloso traballo


venres, 22 de febreiro de 2019

23 DE FEBREIRO 2019 DÍA DE ROSALÍA.



Os alumnos do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, réndelle homenaxe a nosa autora mási célebre

martes, 11 de decembro de 2018

CELANOVA SEGUE A SER TERRA DE POETAS

Onte foi un día fermoso. Moitas veces, os docentes sempre andamos a queixarnos de que hai pouca disciplina, de que os alumnos non traballan e un longo etc...Pero ás veces, ocorren pequenas cousas que fan que o túa ilusión permaneza intacta. Onte un alumno de 3º ESO C, Alexandre Corbillón mostroume con toda a ilusión do mundo uns poemas compostos por él, onde se pode apreciar non só unha correcta escritura, senón unha inmensa sensibilidade. Este post para min e moito máis que o recoñecemento ao seu traballo, é un sincero agradecemento, é unha chamada de atención de que o talento está por ahí solto e nós como docentes temos que encontralo e potencialo. Moitas grazas Alexandre.






 Derradeira noite
Ergo a mirada, comezando a deixarme levar
 a ritmo de senza misura lenta.
 Tal vez esa noite se o meu corazón cego, 
non quedara esparexido polos ventos, s
e non morrera para darlle vida ao amor, 
tal vez, tal vez non o faría. 

 Camiñando perigosamente como un trapecista, 
Polas cordas do desexo, 
sen ter en conta a caída.

 Mirando ó frente corro hacia o vacío 
sentindo medo e raiba, 
sentindo amor e morriña 
dou un pulo na cornixa, 
o meu corpo escacha o ar 
crebando o silencio. 

 Sentinme libre como nunca, 
os pensamentos quedaran na cornixa,
 liberándome do teu amor, 
enxoitando co selo da morte. 

 Malec Corbillón 

 Canto máis quero olvidarte, 
máis te recordo, 
canto máis quero alonxarme,
máis perto te teño, 
e é que canto máis quero odiarte
 máis te amo. 

 Malec Corbillón 

 Sen ser doado

 É dificil non berrarlle ao ceo con bágoas nos ollos, 
 cando sabes que xa non poderás estar con el 

 É dificil durmirse entre bagullas e recordos que
 sempre estarán ferindo o teu corazón. 

 É dificil mantela calma e acougar cando sabes que
 unha pedra sempre afundirá no mar. 

 É dificil non pensar nesa persoa a quen máis amamos
 e pola que daríamolo todo por vela feliz, 
aunque esa ledicia implicase non poder estar ao seu carón
xamais. 

 Malec Corbillón 

 Bágoas
 Coa mirada perdida nunha noite xorda e cega,
 chea de recordos que recheaban con sentimento as 
pingas de auga que que se botaban ao suicidio
 esvarando polas miñas meixelas ata acabaren 
caendo a almofada, creando un estalido que rompía 
o silencio que envolvía o cuarto, bagoas que deixaban 
o meu corazón enxoito. 

 Malec Corbillón